Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 827 novas da área temática Medio ambiente:

03/08/2023 | 15:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 330.000 euros as obras de mellora do espazo fluvial do río Louro entre a estrada PO-548 e a liña do ferrocarril, en Valga

Esta actuación, que conta cun prazo de execución de 3 meses, ten como obxectivo minimizar o risco de inundación nesta zona onde a presión sobre a canle se ve aumentada con edificacións e áreas de cultivo que deixan pouco espazo ao río

02/08/2023 | 13:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor a entrada en vigor da Lei do Litoral de Galicia para garantir o equilibrio entre a biodiversidade e a función social da costa

Esta lei permitirá consolidar o futuro da costa galega, dos seus valores naturais, patrimoniais, paisaxísticos e económicos ao mesmo tempo que se outorga seguridade xurídica ás actividades que se realizan nela

02/08/2023 | 13:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
01/08/2023 | 14:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta pola integración paisaxística dos 122 portos da súa titularidade coa publicación dunha guía de boas prácticas

Ángeles Vázquez salienta que o novo documento ten en conta, de xeito especial, a significativa influencia dos espazos portuarios tanto na evolución das localidades costeiras como na conformación da paisaxe das fachadas marítimas

29/07/2023 | 10:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O parque nacional das Illas Atlánticas repite este verán como destino turístico Starlight con actividades gratuítas de observación astronómica

A Federación Galega de Astronomía organiza accións de dinamización nos catro arquipélagos abertas á participación de adultos e nenos
 

27/07/2023 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta autoriza licitar por 27,26 M € a xestión integral da rede de plantas de transferencia de Sogama

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, subliña que ás 20 instalacións que estaban ata agora baixo a titularidade da empresa pública sumaranse “cinco novas plantas en Curtis, Ponteceso, A Lama, Arbo e Riotorto”

26/07/2023 | 14:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta conclúe o trámite ambiental do proxecto da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Lugo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se fai público o informe de impacto ambiental correspondente, que indica que non son previsibles efectos adversos significativos no medio ambiente pola construción da nova infraestrutura

24/07/2023 | 12:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
19/07/2023 | 15:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta publica tres guías para divulgar as variedades de bolboretas máis presentes nos parques naturais do Monte Aloia, Corrubedo e Xurés

Belén do Campo explica que, ademais dos 750 exemplares editados en galego e castelán que están á disposición da cidadanía nos centros de interpretación, estes folletos informativos tamén se poden consultar en liña nas páxinas web destes espazos naturais

19/07/2023 | 12:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza no deseño da Axenda Territorial de Galicia para acadar un modelo urbanístico sostible, resiliente, seguro e inclusivo

Ángeles Vázquez salienta que constituirá a folla de ruta para orientar as decisións e políticas en materia de territorio desde unha visión global e integrada