Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.054 novas da área temática Emprego:

18/10/2023 | 18:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo pon en valor os programas integrados de emprego que brindan máis e mellores oportunidades ás persoas con dificultades no acceso ao mercado laboral

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade visitou hoxe a sede da Asociación de familiares de enfermos de Azhéimer de Ourense (Afaor) onde clausurou un programa integrado de emprego con 100 persoas participantes

18/10/2023 | 17:09 | C. de Sanidade

O Sergas garantirá a percepción das retribucións variables derivadas de gardas e atención continuada nos casos de baixa por enfermidade grave oncolóxica

A medida, que entrará en vigor en 2024 e que xa existe para diversas situacións derivadas de maternidade ou paternidade, estenderase á incapacidade temporal por enfermidade común producida durante o embarazo e tamén para incapacidade derivada de procesos oncolóxicos durante o seu tratamento e restablecemento

18/10/2023 | 15:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Un total de 60 galegos procedentes do exterior formaranse na Escola de Hostalería da Coruña a través do programa Retorna Cualifica Emprego

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou hoxe na Coruña na presentación desta iniciativa, onde se están a formar xa galegos no exterior para traballar no sector da hostalería

18/10/2023 | 15:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o servizo de orientación xurídico-laboral que ofrece cos graduados sociais e que atendeu en Lugo máis de 80 consultas este 2023

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, clausurou hoxe a V Xornada Iuslaboralista do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo

18/10/2023 | 14:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a colaboración con todos os actores da economía social para seguir a impulsar este modelo igualitario e equitativo

O pleno do Consello da Economía Social de Galicia reuniuse hoxe para avanzar no deseño da Estratexia galega da economía social e da nova Lei de cooperativas

17/10/2023 | 12:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a colaboración cos axentes sociais no deseño de políticas para favorecer a implantación de medidas de igualdade laboral

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na I Xornada autonómica de igualdade organizada polo CSIF co apoio da Xunta de Galicia

17/10/2023 | 12:08 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda anuncia que a Xunta destinará máis de 2,2 M€ en 2024 a un plan para formar e contratar 300 mulleres en sectores fortemente masculinizados

Adianta que as empresas recibirán ata un máximo de 7.500 euros por cada muller que acade un contrato de traballo
 

16/10/2023 | 19:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Baños de Molgas o medio milleiro de ofertas de traballo dispoñibles no marco do programa Cualifica Retorna Emprego

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe nun foro sobre este programa da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 organizado polo Concello de Baños de Molgas e a Fundación Nortempo