Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

30/06/2023 | 15:40 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un taller práctico sobre enxerta na vide que terá lugar o 7 de xullo na estación de viticultura e enoloxía de Galicia en Leiro

Os interesados en participar nesta actividade teñen de prazo para inscribirse ata o próximo mércores

30/06/2023 | 10:22 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para fomentar a agricultura de precisión e a economía circular no sector agrario cun orzamento de 8,77 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural, coa que se prevé chegar a unhas 500 explotacións da comunidade

29/06/2023 | 11:59 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará a excelencia dos queixos de Galicia a semana vindeira en Madrid coa campaña “Irmáns de leite”

O acto terá lugar o vindeiro luns na Casa de Galicia da capital de España e nel exaltarase a calidade dos queixos de Arzúa-Ulloa, Cebreiro, San Simón da Costa e Queixo Tetilla

28/06/2023 | 21:30 | A Presidencia da Xunta

Rueda cualifica aos premiados pola Denominación de Orixe O Ribeiro como baluartes da Galicia Calidade e do rural con oportunidades

Salienta o apoio da Xunta ao sector con medidas como a Lei de recuperación da terra agraria, os preto de 30 millóns en axudas para investimentos, exportacións e reconversións dos viñedos; e a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas

28/06/2023 | 11:41 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o auxe da produción de sidra en Galicia nos últimos anos, apostando pola mazá natural e ecolóxica

Este seminario está organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria e inclúe faladoiros e mesas redondas, así como conferencias impartidas por expertos sobre este tipo de producións no norte de Portugal e Galicia

27/06/2023 | 15:48 | C. do Medio Rural

A Xunta imparte un curso para a formación de asesores centrado na prevención de riscos laborais nas granxas de gando vacún

Este módulo enmárcase dentro do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, para a formación de asesores co fin de ofrecer unha mellor atención á cidadanía

27/06/2023 | 09:25 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o papel do sector vitivinícola na contribución da Marca Galicia por todo o mundo e para impulsar a economía no rural

Subliña que este eido aglutina a case 500 adegas e máis de 10.000 viticultores e xera un valor económico de 230 millóns de euros ao ano

25/06/2023 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta informa de novas medidas a partir de xullo para previr a lingua azul tras a campaña de vacinación masiva

Esta vacinación iniciouse tras detectarse en febreiro animais bovinos positivos en catro explotacións de Castro Caldelas, Sarreaus, Fornelos de Montes e As Neves

24/06/2023 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a semana que vén un seminario temático sobre o cultivo da mazá de mesa e sidra en Galicia

Está organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria e terá lugar o próximo 28 de xuño no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo, en Bergondo, e no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, en Abegondo

22/06/2023 | 20:31 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a formación como elemento fundamental para dotar de futuro o rural galego

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias clausurou esta tarde o acto do 50º aniversario dos Centros de Promoción Rural-EFA, organizado pola federación que os agrupa en Galicia