Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica por máis de 2,8 M€ a instalación de paneis fotovoltaicos no almacén de combustible do complexo de Sogama en Cerceda
O contrato contempla a xestión integral de todo o proceso, desde a elaboración do proxecto de execución ata a remodelación total do tellado da nave
A Xunta financia con máis de 255.000 € seis actuacións de embelecemento do litoral galego nos concellos Ares, Narón e Neda
Esta convocatoria de axudas de Turismo de Galicia e dotada dun orzamento de 4,4 M€, ten por obxecto mellorar e potenciar o litoral galego actuando sobre os seus recursos naturais, patrimoniais e culturais
A Xunta puxo en valor a importancia en Galicia do castiñeiro e o seu froito no VII Simposio da Castaña
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal participou na inauguración deste congreso, poñendo de relevo iniciativas como o Plan estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña
A Xunta incide na importancia de implicar á cidadanía na aposta polo fermosismo para poñer en valor as distintas paisaxes de Galicia
Ángeles Vázquez subliña a “gran acollida” entre os particulares galegos das axudas para a corrección de impactos paisaxísticos impulsadas polo seu departamento no ano 2021
A Xunta aproba unha nova actualización do Plan Básico Autonómico para garantir a vixencia e dinamismo desta ferramenta indispensable de ordenación urbanística
Trátase da cuarta revisión do PBA, aprobado no ano 2018 e que axuda a plasmar sobre o territorio a complexa realidade dos diferentes instrumentos de ordenación así como á identificación de todas as afeccións sectoriais vixentes na Comunidade
A Xunta mantén aberto o prazo para presentar alegacións ao proxecto do Plan de xestión do Monumento Natural da Serra de Pena Corneira
Ángeles Vázquez explica que este plan ten como propósito a xestión, conservación e posta en valor deste espazo protexido a través da regulación de usos e actividades
A Xunta prohibe dende este sábado as queimas agrícolas e forestais de particulares debido ás condicións meteorolóxicas
Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir de mañá sábado, 24 de xuño
A Xunta completa a distribución das bandeiras azuis 2023 na provincia de Pontevedra coa entrega de cinco insignias a Poio, A Guarda e A Illa
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera,repartiu estes distintivos para as praias de Cabeceira, Area Grande, O Muíño, Area da Secada e O Bao aos alcaldes Ángel Moldes e Roberto Carrero e a concelleira Rosi Viana
O Goberno galego impulsa a tramitación da Lei do clima para darlle rango legal ao compromiso de conseguir unha Galicia neutra en emisións no horizonte do ano 2050
Rueda indica que o Consello aprobou hoxe someter a información pública e audiencia do anteproxecto lexislativo durante un mes co fin de enriquecer e mellorar o texto inicial