Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

01/04/2023 | 18:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar
31/03/2023 | 17:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva a Vilalba a campaña ‘Galicia sabe Amar’ para promover o consumo de peixes e mariscos galegos

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou a foodtruck promocional dunha das catro rutas, que atravesará 65 municipios do Camiño de Santiago ata chegar a Pamplona

30/03/2023 | 18:42 | C. do Mar

Preto de 900 profesionais do marisqueo a pé e 25 embarcacións participarán este ano na recollida activa de lixo en Galicia

A Xunta aprobou unha axuda global de máis de 337.000 euros para 13 proxectos de protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños que prevén un total de 120 xornadas de limpeza no litoral da comunidade

30/03/2023 | 15:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta expón as bases da futura Lei do litoral ante un dos maiores expertos europeos en dereito ambiental

Trasládanlle a transcendencia para Galicia desta norma, pioneira en España, polo peso e a importancia que ten a costa desde o punto de vista económico, patrimonial e social

30/03/2023 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia será a comunidade relatora da resposta do Comité Europeo das Rexións ás medidas sobre o futuro da pesca anunciadas pola Comisión Europea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, será o relator do ditame sobre a sustentabilidade e resiliencia das comunidades costeiras da Unión Europea

30/03/2023 | 14:54 | C. do Mar

A Xunta presenta dous proxectos para dotar de prazas de amarre aos bateeiros da ría de Vigo cun orzamento previsto de 4,3 M€

Portos de Galicia impulsa en paralelo os proxectos de San Adrián de Cobres e Domaio para instalar cadanseu dique flotante e habilitar atraques en pantalán para as 36 embarcacións mexilloeiras que operan nestas instalacións

30/03/2023 | 09:53 | C. do Mar

Galicia presenta a demanda para acompañar á frota no seu recurso contra o veto á pesca de fondo decretado por Bruxelas

Se o Tribunal Xeral da Unión Europea acepta a participación como parte coadxuvante, a Xunta poderá intervir no procedemento e defender de xeito directo os intereses tanto do sector afectado como do conxunto da autonomía

28/03/2023 | 13:34 | C. do Mar

A Xunta destaca a feira AquaFuture como chave para fortalecer a competitividade sustentable do sector galego de cultivo de produtos do mar

Rosa Quintana destacou a aposta firme da Xunta polo desenvolvemento desta actividade apostando sempre polo diálogo, atendendo ás exixencias das novas formas de alimentación e á sustentabilidade medioambiental e socioeconómica

28/03/2023 | 12:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta salienta o compromiso do sector pesqueiro co coidado do medio ambiente tras recuperar máis de 700 kg de lixo mariño das nosas costas en 2022

Ángeles Vázquez valora que son xa 6 os portos galegos que participan nun proxecto pioneiro a nivel mundial, no que os pescadores recollen os residuos que caen nas súas redes e os levan ata os peiraos para o seu correcto tratamento

25/03/2023 | 12:30 | C. do Mar

Un total de 180 persoas poderán beneficiarse dos tres novos cursos de mariñeiro pescador que convoca a Xunta de Galicia na modalidade ‘online’

Cada curso será tutelado por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro dependentes da Consellería do Mar e o período de prematrícula está aberto ata as 15:00 horas do próximo 14 de abril