Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

07/10/2023 | 10:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Patela, no concello de Cuntis

Estes traballos desenvólvense ao longo de preto de 1,6 km, no percorrido do río por distintos lugares da parroquia de Santa María de Cuntis

06/10/2023 | 15:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance na campaña de conservación e reforzo de firme na autoestrada autonómica A Coruña-Carballo fan necesarios cortes de tres ramais en horario nocturno a partir do domingo

Co fin de minimizar as afeccións ao tráfico e facilitar a mobilidade, as intervencións realizaranse na noite deste domingo ao luns, entre as 00,00 e as 06,00 horas; e na noite do luns ao martes, entre as 22,00 e as 06,00 horas

06/10/2023 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lidera o incremento das licitacións en Galicia en 2023, con contratos ata agosto por importe de case 323 M€, un 20,8% máis que o ano anterior

Vázquez Mourelle detalla que nos oito primeiros meses do ano se licitaron obras por máis de 1.100 M€, dos que case 323 M€ se corresponden con obras públicas contratadas pola Xunta

06/10/2023 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A delegada da Xunta de Vigo supervisa a última fase das obras da nova senda da estrada PO-551 en Moaña

Ana Ortiz realizou un percorrido polos traballos da senda, que estará finalizada en novembro e que supón un investimento de preto de 1,8 millóns de euros

05/10/2023 | 17:21 | C. do Mar

O Plan de equipamentos nos portos pesqueiros de Galicia 2030 investirá 34,7 millóns de euros na mellora dos peiraos e as lonxas da comunidade

Esta estratexia define as actuacións da Consellería do Mar nas dársenas galegas en materia de infraestruturas e dotacións para o traballo vinculado coa actividade extractiva e a primeira venda de peixes e mariscos

05/10/2023 | 16:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta require ao Concello de Lugo un informe sobre o edificio apuntalado na rúa do Moucho

O delegado territorial, Javier Arias, explicou ao presidente de Lugo Monumental, Luis Latorre, que o Goberno galego xa autorizou no 2015 as intervencións recollidas nunha orde de execución municipal

05/10/2023 | 16:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública a solicitude de autorización para a depuración das augas residuais industriais da mina de Touro

O Diario Oficial de Galicia publica o anuncio polo que se somete ao trámite de información pública esta petición de autorización por parte da empresa titular da concesión

05/10/2023 | 16:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis de 3 millóns de euros na mellora da PO-400 ao seu paso por As Neves, Arbo e Crecente

O delegado territorial destacou a importancia de manter en boas condicións as estradas de titularidade autonómica para mellorar a seguridade de todos os usuarios

05/10/2023 | 15:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía a senda peonil de Vilanova de Arousa e mellora as beirarrúas cunha actuación de máis de 1,1 millóns de euros

As obras realizáronse na PO-549 e benefician aos concellos de Vilanova e de Vilagarcía de Arousa

05/10/2023 | 12:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa o remate das obras do itinerario peonil e ciclista na OU-536, no tramo da Rabaza, en Ourense

Gabriel Alén remarca que se trata dunha das tres sendas, nas estradas OU-105 (Ponte Sevilla), OU-536 e na avenida de Ponferrada, nas que a Xunta investiu 1,8 M€ para mellorar a mobilidade dos veciños