Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da área temática Educación:

17/10/2023 | 13:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os Polos creativos incorporan 35 docentes para crear unha rede de apoio que favoreza a súa extensión

Román Rodríguez destaca a expansión progresiva deste programa a todos os centros e a vontade da Xunta de implicar ás familias e contorna nas súas accións

17/10/2023 | 13:41 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
16/10/2023 | 16:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforza o achegamento da información xuvenil á mocidade a través de puntos itinerantes en centros de secundaria

Os estudantes poderán coñecer de preto todos os recursos, programas e axudas existentes en materia xuvenil e tamén activar o Carné Xove, que o Goberno galego enviou gratuitamente a toda a xente moza de 12 a 30 anos

16/10/2023 | 16:07 | C. de Economía e Industria

Comezan as actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas que a Xunta desenvolve no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol

A oferta deste curso do programa D´tec inclúe talleres científico-tecnolóxicos e espectáculos científicos para alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional

16/10/2023 | 14:40 | C. do Mar

A Xunta aposta pola formación profesional dual para garantir o relevo xeneracional nos postos de mando dos buques pesqueiros da frota galega

O conselleiro Alfonso Villares destacou que este curso Galicia gañou un novo centro público onde se imparte este ensino profesional no ámbito marítimo pesqueiro

16/10/2023 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os auxiliares de conversa multiplícanse por dez en 15 anos e acadan este curso a cifra récord de 655

Prestarán apoio ao ensino de linguas estranxeiras en máis de 800 centros educativos galegos a través desta acción que absorbe un investimento de 4,6 M€
 

15/10/2023 | 10:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Unha delegación bávara interésase polo modelo de inclusión e dixitalización do ensino galego

Visitaron o Centro de Innovación Educativa e Dixital, que colabora directamente coa institución xermana de referencia no ámbito

14/10/2023 | 11:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 1.000 alumnos de 4º de ESO de 34 centro galegos participarán na liga impulsada pola Garda Civil para promover a formación en ciberseguridade

Galicia é unha das tres comunidades elixidas formar parte desta actividade xunto con Castela–A Mancha e Madrid

13/10/2023 | 12:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Duplícase o número de profesores que forman a rede de acompañamento ao alumnado máis vulnerable

Un total de 71 profesionais traballarán na Rede de acompañamento e orientación persoal e familiar de Galicia, que funcionará por terceiro curso consecutivo
 

11/10/2023 | 15:13 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda salienta o acordo histórico selado entre Xunta e sindicatos para a mellora estrutural do sistema educativo que senta as bases do ensino da próxima década

Subliña que recolle medidas enfocadas a afrontar os retos presentes e futuros na educación e continuar tendo un dos mellores sistemas públicos de España