Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inicia o primeiro procedemento de investigación da titularidade de inmobles na aldea modelo do concello de Cerdedo-Cotobade
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o correspondente anuncio da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
A Xunta reafirma o seu apoio ao sector leiteiro pola súa condición de eido estratéxico para o rural galego
José Balseiros puxo en valor este sector produtivo e lembrou que Galicia é líder nacional na produción de leite e que se atopa entre as principais rexións europeas neste ámbito
A Xunta promove no Portamérica o consumo de produtos de calidade diferenciada
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria contará cun posto no que se poderán degustar, entre outros, queixos e viños con distintivos de calidade
A Xunta avanza no desenvolvemento da normativa autonómica de aplicación da nova PAC
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha orde pola que se definen as penalizacións por incumprimento dos requisitos de admisibilidade e compromisos das axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas, das obrigas da condicionalidade reforzada do Plan estratéxico da PAC 2023-2027
A Xunta imparte un curso para a formación de asesores centrado na fruticultura dos froitos sen casca
Este módulo enmárcase dentro do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, para a formación de asesores co fin de ofrecer unha mellor atención á cidadanía
A Xunta salienta a importancia das concentracións parcelarias como un elemento de recuperación de terra e reorganización do territorio fronte ao minifundismo
No caso de Cospeito foron decretadas as parcelarias de Lamas, de Roás e de Arcillá-Bestar-Vilar-Sisoi, que suporán a reordenación de preto de 1.800 hectáreas distribuídas en case 6.900 parcelas de 1.188 propietarios
A Xunta imparte en Boqueixón un curso para a formación de asesores sobre prevención de riscos laborais na apicultura
Este módulo enmárcase dentro do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, para a formación de asesores co fin de ofrecer unha mellor atención á cidadanía
A Xunta destaca que a Indicación Xeográfica Protexida de viños “Terras do Navia” mellora e ampara a calidade e personalidade deste produto do agro galego
O conselleiro Miguel Corgos recoñeceu o labor dos produtores e viticultores da zona, así como da Asociación para a Defensa das Variedades Autóctonas e do Viñedo da Ribeira do Río Navia, que foron os promotores da iniciativa
Rueda subliña que a Xunta destina 6,5 M€ á posta en marcha dos 40 novos pozos de regadío da zona da Limia en beneficio dunha agricultura máis sostible
Destaca que, aos 4 millóns de euros investidos na construción desas sondaxes, súmanse agora 2,5 millóns para a instalación de equipos de bombeo e de electrificación necesarios para o seu funcionamento