Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

13/07/2023 | 19:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Leiro colaborarán nas obras de acondicionamento da praza Eladio Rodríguez

Os traballos, cun importe total previsto de máis de 122.000 euros, consistirán na renovación de mobiliario e xardíns co obxectivo de crear un novo espazo de alameda

12/07/2023 | 16:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta segue a avanzar no desenvolvemento do PRUX do Parque Natural Fragas do Eume coa mellora da ponte colgante Cal Grande

As actuacións, que consistirán na renovación do sistema de sustentación desta infraestrutura, contan cun orzamento superior aos 100.000 euros e executaranse previsiblemente a partir do próximo mes de agosto

12/07/2023 | 14:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta felicita ás 7 entidades locais gañadoras de “Únete ao reto” polo esforzo da súa veciñanza para incrementar a reciclaxe de plásticos, latas e briks

Nesta cuarta edición, os concellos de Melide, Arzúa, Mos, Salvaterra de Miño, Silleda e Nigrán e a Mancomunidade da Limia foron premiados, en total, con 9.000 €, que deberán destinar a unha causa social da súa elección

11/07/2023 | 12:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta cede ao concello de Lugo os espazos públicos da terceira fase do Polígono das Gándaras, que xa ten case o 65% das parcelas vendidas ou reservadas

A semana pasada Xestur adxudicou neste mesmo ámbito 4 parcelas a 3 empresas por un importe total de 234.900 €, descontada xa a bonificación do 50%

10/07/2023 | 12:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta publica unha Guía de boas prácticas para axudar a integrar os sistemas de conterización de residuos domésticos nas contornas

Ángeles Vázquez salienta a importancia de combinar a prestación de servizos esenciais, como a recollida do lixo, coa preservación e o coidado do entorno a través da aplicación de solucións discretas, adaptadas e que minimicen o impacto visual

08/07/2023 | 13:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta subliña o papel da actividade cinexética no mantemento do equilibrio natural

Ángeles Vázquez enmarca a colaboración entre o Goberno autonómico e a Federación galega de caza no obxectivo común de fomentar esta práctica deportiva e formar e sensibilizar aos cazadores na protección da fauna e o seu aproveitamento sustentable

08/07/2023 | 12:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dixitaliza o Atlas da Paisaxe dos Camiños Xacobeos para poñelo á disposición de toda a cidadanía

A versión en liña do libro recolle 83 ortofotos históricas e actuais que amosan a evolución da paisaxe pola que discorren as distintas rutas ao longo dos últimos 50 anos

07/07/2023 | 11:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou un mes de xuño moi cálido e moi húmido

O avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 2,1 graos

05/07/2023 | 14:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta sinala a proba deportiva Tripla Coroa Illas Atlánticas de Galicia como exemplo do equilibrio entre a protección e os usos sostibles dos espazos naturais

Ángeles Vázquez di que esta actividade permitirá poñer en valor a riqueza natural do parque nacional así como aumentar a súa proxección nacional e internacional