Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o Estado colaborarán para actualizar o catastro no marco das posibilidades que ofrece a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia
A actualización do Catastro é unha competencia exclusiva do Estado, pero na cal Galicia quere colaborar, ao abeiro do establecido na Lei de recuperación
A Xunta destaca que Galicia é un destino europeo de referencia na formación de mozos que se incorporan ao sector primario
José González puxo en valor a intensa actividade formativa, tanto en materia de ensinanza regrada como non regrada, no ámbito agropecuario e forestal
A Xunta concede máis de 2 M€ en axudas a máis dunha vintena de concellos con figuras de recuperación da terra agraria para a mellora de servizos básicos
Os beneficiarios serán municipios nos que se localizan aldeas modelo ou outros instrumentos de recuperación da terra agraria
A Xunta convoca 5,58 M€ no 2023 para financiar proxectos de innovación no agro galego
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria das axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), que xestiona a Axencia Galega da Calidade Alimentaria
A finalidade é impulsar a creación de grupos operativos que contribúan á consecución do obxectivo de modernizar a agricultura e as zonas rurais, fomentando o coñecemento, a innovación e a dixitalización mediante a mellora do acceso á investigación
A Xunta incrementa ata os 7,8 M€ as axudas para promover o emprego de maquinaria agrícola en réxime asociativo cunha suba do 11% sobre a convocatoria anterior
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a correspondente orde que regula estas achegas, destinadas a cooperativas ou sociedades agrarias de transformación
A Xunta reafirma o seu compromiso co rural a través da mellora das súas infraestructuras que facilitan a vida dos habitantes do agro
O conselleiro do Medio Rural visitou as obras de rehabilitación da ponte do Río Cabalar, que favorecen o tránsito entre dúas aldeas do concello coruñés de Vilasantar
A Xunta fomenta o desenvolvemento das indicacións xeográficas protexidas de viños de Galicia e salienta a calidade dos seus produtos
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou na xornada de promoción das indicacións xeográficas protexidas (IXP) dos viños de Galicia
Os gandeiros galegos de bovino e ovino poden solicitar a vacinación voluntaria e gratuíta fronte a lingua azul na zona libre da enfermidade
Esta posibilidade foi autorizada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación tras a correspondente solicitude por parte da Xunta
A Xunta pon en valor as case 9.000 hectáreas que están sendo mobilizadas a través dos polígonos agroforestais
Na actualidade, xa son 23 os polígonos agroforestais en distintas fases de actuación existentes na nosa comunidade, dos cales 3 se atopan na provincia de Pontevedra
A Xunta anima aos gandeiros a usar as ferramentas postas ao seu dispor polo goberno galego para mellorar a profesionalización e a rendibilidade das súas explotacións
José González referiuse en particular aos instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria, ás concentracións parcelarias ou ao Plan de pastos, entre outras utilidades postas a disposición do sector agrogandeiro