Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

26/04/2023 | 18:38 | C. do Mar

A Xunta traballa nunha nova norma para optimizar a extracción da mexilla cun plan de xestión como ferramenta fundamental

O obxectivo desa normativa é dar resposta aos cambios rexistrados na actividade nos últimos anos e atender os do futuro inmediato adecuando os tempos de recollida da cría ao seu estado e localización

25/04/2023 | 12:04 | C. do Mar

A Xunta enxalza o labor da Asociación Íntegro por combinar a loita contra o lixo mariño coa integración sociolaboral das persoas con diversidade funcional

A iniciativa de economía circular Diversiplás+Diverso–Plástico inclúe accións de asesoramento e visibilización da inclusión social, concienciación ambiental, técnicas de reciclaxe e deseño de produtos

24/04/2023 | 17:30 | C. do Mar

Galicia pide que a revisión das zonas vetadas á pesca de fondo se realice co máximo rigor atendendo tamén aos aspectos socioeconómicos

A titular de Mar lamenta que o informe presentado a semana pasada polo Consello Internacional para a Exploración do Mar suporía ampliar as zonas acoutadas e semella repetir eivas pasadas como a ausencia de datos actualizados de todas as artes

23/04/2023 | 12:10 | C. do Mar

Galicia lidera os traballos para axudar aos estados membros a incluír os aspectos socioeconómicos nos plans europeos de ordenación do espazo marítimo

O Centro Tecnolóxico do Mar participa como coordinador no proxecto Remap para o desenvolvemento dun módulo que dote os POEM desta dimensión socioeconómica, unha ferramenta que xa foi presentada con éxito ante a Unesco

21/04/2023 | 16:27 | C. do Mar

A Xunta destaca a forza do sector do mar galego que bateu un novo récord de exportacións en 2022 ao superar os 2.700 M€

Rosa Quintana puxo de relevo a tendencia á alza neste ámbito e subliñou que os datos do ano pasado supoñen un incremento do 12% en relación cos de 2021

19/04/2023 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

A Xunta achega a Lugo a campaña Galicia sabe aMar, para animar a consumir peixes e mariscos galegos

O delegado territorial, Javier Arias, explica que entre esta semana e a próxima a foodtruck visitará tamén Sarria e Monforte de Lemos para ofrecer a veciños e visitantes a degustación de petiscos elaborados con materias primas de calidade

19/04/2023 | 14:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

Rueda destaca o pulo do sector conserveiro galego que traballa para seguir liderando o mercado da man da innovación e dos estándares de calidade


Salienta o afán da empresa conserveira por converterse nun referente mundial no emprego das novas tecnoloxías nunha das plantas máis grandes e modernas do sector conserveiro en Galicia

17/04/2023 | 17:15 | C. do Medio Rural

A Xunta insta ao Goberno central a traballar en conxunto para baixar a inflación sen reducir o prezo de orixe dos produtos agroalimentarios como a carne

José González asegurou que cómpre establecer medidas como o IVE cero para que os produtores poidan cubrir os seus custos de produción e manter unha marxe de beneficio, co obxectivo de que as súas explotacións poidan seguir sendo rendibles

17/04/2023 | 14:48 | C. do Mar

O mar de Galicia saca músculo en Gourmets para impulsar o consumo de peixes e mariscos e poñer en valor o traballo do sector marítimo-pesqueiro

A Consellería do Mar está presente nesta feira cun posto que acolle a 23 empresas coexpositoras da cadea mar-industria e no que se desenvolverán varias degustacións no marco da campaña GALICIA SABE AMAR