Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana insta ao Executivo central a achegar certezas cos fondos europeos para desenvolver os proxectos estratéxicos cos que conta Galicia
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, pide ao Goberno do Estado que rectifique o centralismo e a falta de planificación na xestión dos fondos europeos de recuperación
A Xunta destaca o papel dos empresarios galegos no exterior como embaixadores da Marca Galicia no mundo
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou na clausura do IX Encontro internacional de empresarios galegos no mundo que se celebra no Grove
A Xunta impulsa a innovación nas pequenas empresas galegas do sector biotecnolóxico como Biopranaworld
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá as instalacións desta compañía que accedeu ao programa InnovaPeme en 2022
A Xunta ultima a Estratexia da horta para consolidar a terceira produción máis importante do agro galego
José González explicou que con esta iniciativa búscase posicionar a horta galega e afondar na rama da investigación que xa está a dar os seus froitos neste eido
Lorenzana sinala que iniciativas como o UVigo Motorsport reflicten a aposta de Galicia pola innovación e o talento
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou na presentación do novo monopraza UM23, desenvolto por estudantes da Universidade de Vigo que participará nunha competición estudantil a nivel mundial
A Xunta destaca o emprendemento innovador como chave no futuro económico de Galicia
A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe no evento InnoBar, encontro entre startups e investidores que busca identificar necesidades e inquedanzas dos emprendedores galegos potenciando o ecosistema da innovación en Galicia
O cámping Paisaxe II do Grove convértese no primeiro establecemento deste tipo en recibir o selo de Galicia Calidade
A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregou hoxe o certificado á compañía, que se suma aos xa máis de 30 establecementos de hostalería que contan con este distintivo no conxunto das máis de 150 empresas certificadas
A Xunta impulsa o crecemento de empresas innovadoras de recente creación como o caso da luguesa Ibonelab
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, informou, na visita que realizou esta mañá ás súas instalacións, de que está aberta a terceira edición desta convocatoria, dotada con 3 millóns de euros, coa que se prevé apoiar unha decena de empresas innovadoras galegas ou startups que se trasladen a Galicia
A Xunta salienta o papel das certificacións de calidade na acreditación, identificación e posicionamento de produtos agroalimentarios como os queixos galegos
José González destacou que estes selos de identidade e calidade diferenciada permiten protexer o “bo facer” dos agricultores e gandeiros e tamén o produto final
A empresa i-Grape Laboratory incorpora un doutorando para realizar investigación co apoio do programa doutoramento industrial da Xunta
Está a realizar a súa tese de doutoramento investigando a obtención de extractos bioactivos como fitosanitario e aditivo en alimentación animal