Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

09/05/2023 | 12:02 | C. do Mar

Galicia amosa a experiencia do Observatorio Costeiro da Xunta no traballo fronte ao cambio climático nas zonas de litoral

Os socios do proxecto europeo Transformar reúnense desde mañá ata o venres en Santiago nun encontro organizado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar xunto coa Universidade de Vigo e a Fundación Empresa-Universidade Galega

08/05/2023 | 13:22 | C. do Mar

Galicia enxalza na feira italiana Tutto Food a calidade dos seus produtos do mar na busca de novas oportunidades de negocio

A Comunidade está neste certame cun posto de 200 metros cadrados que acolle a 12 entidades coexpositoras do sector marítimo-pesqueiro e a unha na modalidade de centro de negocios co fin de promover novos lazos comerciais con firmas doutros países

07/05/2023 | 15:08 | C. do Mar

A Xunta colabora con Culturmar na organización do XVI Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia

Portos de Galicia colabora neste evento, que terá lugar no porto de Sada entre o 3 o 6 de agosto, co obxectivo de promover a defensa do patrimonio marítimo material e inmaterial

05/05/2023 | 17:08 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda destaca o valor engadido que achega o complexo mar-industria no desenvolvemento de Galicia

Subliña o papel de Anfaco-Cecopesca no feito de que España sexa líder na elaboración de produtos derivados do mar e do pulo de Galicia na exportación

03/05/2023 | 12:38 | C. do Mar

A Xunta destaca a importancia de realizar labores de rexeneración nos bancos marisqueiros para impulsar a súa produtividade

O Lamón de San Fiz, no Barqueiro, é unha das áreas afectadas polos temporais de decembro e xaneiro e nela estase a remover o substrato co fin de realizar novas sementeiras e favorecer a reprodución da ameixa

29/04/2023 | 10:33 | C. do Mar; Axencia de Turismo de Galicia

Expertos de Galicia e Portugal debaterán sobre o futuro do río Miño e a súa contorna como destino turístico nun seminario do Proxecto Atlazul

A xornada celebrarase o vindeiro 3 de maio na sede do Centro Tecnolóxico do Mar en Vigo e na súa apertura participarán a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora-xerente do Cetmar, Paloma Rueda

28/04/2023 | 13:38 | C. do Mar

A Xunta salienta a excelencia de Pescados Marcelino na produción artesanal de mexillón ecolóxico

Esta empresa familiar canguesa cultiva arredor de 2.000 toneladas anuais deste molusco e realiza unha importante aposta pola I+D+i nos procesos produtivos a prol da mellora da eficiencia enerxética e a protección do medio ambiente