Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.054 novas da área temática Emprego:

03/11/2023 | 14:47 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda destaca a importancia do acompañamento ao retornado a través de programas específicos de mentoring para favorecer o emprendemento en Galicia

Subliña que o Goberno galego está ofrecendo ferramentas e instrumentos para que os emigrantes podan retornar a Galicia e emprender
 

03/11/2023 | 13:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta a ferramenta tecnolóxica EMI das oficinas de emprego que sincroniza oferta e demanda en tempo real grazas á intelixencia artificial

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou en Pontevedra na presentación deste software que tamén emprega a analítica avanzada e que se está a probar -ademais- nas oficinas de emprego de Cambados e Ordes

03/11/2023 | 11:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia rexistra o número máis baixo de desempregados nun mes de outubro en 27 anos

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, valorou os datos do paro rexistrado coñecidos hoxe, que evidencian un descenso no desemprego respecto de hai un ano nas catro provincias, nas sete cidades e en todos os sectores
 

02/11/2023 | 18:52 | C. de Economía e Industria

Lorenzana traslada o compromiso da Xunta de Galicia cos traballadores da mina de Penouta e co sector mineiro galego

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo esta mañá unha reunión coa directiva de Strategic Minerals, empresa mineira canadense responsable da explotación deste xacemento emprazado en Viana do Bolo

02/11/2023 | 14:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a Universidade da Coruña colaborarán no fomento do espírito emprendedor no ámbito académico grazas a un novo convenio dotado con 20.000 euros

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinaron hoxe un convenio para formar o alumnado e promover iniciativas empresariais
 

02/11/2023 | 14:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Xantar a importancia da investigación para a continua mellora do sector vitícola, tal e como recolle a futura Lei da calidade alimentaria

Así o fixo o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, na presentación das V Xornadas de viticultura da Sociedade Española das Ciencias Hortícolas (SECH), que levan por título: “A viticultura ante o reto da sostenibilidade”

02/11/2023 | 12:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta financiará 283 cursos formativos para persoas desempregadas na área de Vigo tras elevar o investimento ata os 13,2 M€

Ana Ortiz visitou este xoves a empresa Formavigo na que xa se levan a cabo cursos de soldadura orientados ao sector do naval

02/11/2023 | 12:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a aposta da firma Gama e Hijos, beneficiaria do programa autonómico Responsabilízate na xestión da calidade e a seguridade do seu persoal

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, visitou hoxe en Pontecesures esta firma dedicada á produción e montaxe de estruturas metálicas e caldeiraría
 

02/11/2023 | 11:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Gabriel Alén destaca aos obradoiros de emprego como ferramentas para promover a inserción laboral

O delegado territorial detallou que este programa, no que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inviste 509.987 €, formou 20 alumnos – traballadores nos módulos de Actividades auxiliares en conservación e mellora dos montes (10) e Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (10)