Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da área temática Educación:

02/11/2023 | 12:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Escola infantil de Senra no concello de Oroso estrea cuberta co apoio da Xunta

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou a instalación cuxa reforma foi financiada polo Goberno galego cunha achega de 31.000 euros

01/11/2023 | 10:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

68 investigadores posdoutorais poderán afianzar a súa traxectoria científica no sistema galego de I+D+i grazas ao apoio da Xunta

As consellerías de Educación e de Economía veñen de adxudicar os contratos tanto para a formación inicial como para a consolidación de liñas de investigación propias
 

31/10/2023 | 14:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste preto de 70.000 euros en obras de acondicionamento do CPI Laureano Prieto da Gudiña

O delegado territorial explicou que estas intervencións que promove a Xunta en infraestruturas escolares apostan por un modelo de centros “ao servizo da aprendizaxe e da convivencia, con espazos accesibles, saudables e cómodos en liña coas pautas marcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia”

31/10/2023 | 13:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa máis dunha trintena de actividades para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas

O director xeral de Cultura e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa presentan a programación das actividades de divulgación científica
 

30/10/2023 | 18:33 | C. de Economía e Industria

Preto de 2000 alumnos participan no programa de produtos seguros Un Samaín libre de medos organizado pola Xunta

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta actividade que hoxe chegou ao CEIP da Xunqueira de Pontevedra e ao CEIP Plurilingüe Albino Núñez de Ourense e que finalizará mañá

30/10/2023 | 17:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima aos galegos no exterior a retornar para estudar como xa fixeron 1.200 persoas

O conselleiro de Educación presenta en Bos Aires e Montevideo as bolsas que a Xunta ofrece para cursar ensinanzas de FP e másteres universitarios

28/10/2023 | 11:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia outorga novas mencións de excelencia a tres másteres universitarios

Os recoñecementos desta cuarta edición son os másteres en Enxeñería Química e Bioprocesos pola USC; Química Orgánica pola USC, UAM e UCM, e Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental pola UDC

27/10/2023 | 17:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o compromiso co ensino do Colexio Santiago Apóstolo de Bos Aires, que vén de renovar as súas instalacións cunha nova planta

A Xunta de Galicia dota este centro de ferramentas tecnolóxicas como ordenadores, pantallas dixitais e novos laboratorios