Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.292 novas da área temática Sanidade:

19/12/2023 | 14:51 | C. de Sanidade

O Sergas amplía ata 271 o número de prazas ofertadas na categoría de médico de familia de atención primaria

O Diario Oficial de Galicia publica este martes a resolución pola que se inclúen as prazas correspondentes á oferta pública de emprego de 2023
 

18/12/2023 | 18:14 | C. de Sanidade

Comesaña pide á ministra de Sanidade que permita a Galicia formar máis médicos de familia

No marco do Pleno de Recursos Humanos do Consello Interterritorial de Saúde, o conselleiro reiterou á ministra que é preciso flexibilizar os criterios de acreditación das unidades docentes para poder formar máis médicos especialistas, ao tempo que subliñou que é “urxente” revisar o contido do Programa Oficial da Especialidade (POE) de Medicina Familiar e Comunitaria

18/12/2023 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Xunta e Concello de Coirós completan reformas por máis de 20.000 euros no centro de saúde

O delegado da Xunta na Coruña visita as obras de reforma do centro de saúde de Coirós
 

18/12/2023 | 13:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Xunta e Concello da Baña completan reformas por de máis 48.000 € no centro de saúde municipal

O delegado da Xunta na Coruña visita as obras de reforma do centro de saúde de A Baña

18/12/2023 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade; C. do Medio Rural

A Xunta destaca a ampliación do centro de saúde do Porriño como mostra da aposta do goberno autonómico polo emprego da madeira estrutural

As obras de reforma do edificio do centro sanitario complementan a ampliación inaugurada no mes de outubro, cun investimento global de 4,3 millóns de euros

18/12/2023 | 10:21 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 80 persoas por 63 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 15 de decembro, ata as 23,59 horas do domingo, 17 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 80 chamadas por accidentes de tráfico

16/12/2023 | 18:15 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade asina cos servizos de atención primaria 28 novos Plans locais de saúde para o período 2024-2027

Na actualidade, xa son 71 os centros que contan cun plan local de saúde, o que supón preto do 50% dos servizos de atención primaria

15/12/2023 | 18:34 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade asina cos servizos de atención primaria 28 novos Plans locais de saúde para o período 2024-2027

Na actualidade, xa son 71 os centros que contan cun plan local de saúde, o que supón preto do 50 % dos servizos de atención primaria

15/12/2023 | 14:58 | C. de Sanidade

A Escola Galega de Saúde Pública afonda nas claves para definir un novo modelo de vixilancia epidemiolóxica

O Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) acolleu a xornada “ReDeseñando o futuro: cun enfoque dende a Saúde Pública”, na que expertos abordaron os retos para avanzar nun novo paradigma centrado na anticipación, a innovación e a investigación traslacional

15/12/2023 | 13:38 | C. de Sanidade

A Xunta inicia a reforma das urxencias do Hospital Virxe da Xunqueira cun investimento de 1,1 M€

A xerente do Sergas, Estrella López-Pardo, visita as obras e os puntos de atención móbil instalados para dar apoio ao hospital durante os traballos