Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

07/06/2023 | 13:51 | C. do Mar

A aplicación impulsada pola Xunta para reducir as interaccións con candorcas na navegación rexistra 150 avistamentos en medio ano de funcionamento

Rosa Quintana destacou que a APP Orcinus ten máis de 2.700 usuarios rexistrados de preto de 40 países diferentes e que todas as xeolocalizacións contabilizadas destes animais se sitúan ao sur de Lisboa pola súa dinámica de movemento

06/06/2023 | 13:31 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda salienta a fortaleza das empresas galegas da cadea mar-industria e reafirma o apoio da Xunta para manter o seu liderado

Subliña que Galicia pechou 2022 con récord de exportacións neste sector ao superar os 2.700 M€ e que este eido xa representa case o 5 % do PIB galego

01/06/2023 | 17:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia presenta as primeiras liñas do ditame europeo sobre o futuro da pesca

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participaron hoxe na reunión fóra de sede da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR) celebrada na cidade polaca de Torun

25/05/2023 | 10:53 | C. do Mar

A Xunta celebra que a Eurocámara declare as conservas de peixe “produtos sensibles” ante o posible acordo de libre comercio da UE con Tailandia

Esa consideración aparece nunha das emendas do eurodeputado galego Francisco Millán Mon ao informe que acompaña o acordo de asociación e cooperación entre as partes e que foi aprobada pola Comisión de Exteriores do Parlamento Europeo

18/05/2023 | 10:55 | C. do Mar

Mañá comeza a veda do polbo en toda Galicia e remata o 3 de xullo

Deste xeito queda expresamente prohibida a extracción desta especie en augas nas que a comunidade ten competencias, incluíndo a pesca marítima de recreo

16/05/2023 | 14:00 | C. do Mar

Os afectados pola parada temporal da actividade marisqueira nos bancos da ría de Arousa poden pedir as axudas ata o 2 de xuño

A Xunta lembra que esta medida se estableceu de xeito coordinado co propio sector como medida técnica de conservación e que conta cun orzamento de algo máis de 4 millóns de euros para chegar ao maior número de profesionais posible

12/05/2023 | 15:05 | C. do Mar

A Xunta pide a Bruxelas que endereite o rumbo na xestión pesqueira e evite medidas como o veto ás artes de fondo que xeran rexeitamento e euroescepticismo

O Goberno galego lembra que Galicia é unha comunidade plenamente comprometida cos principios fundadores da Unión Europea e que a Comisión Europea debería apostar polo europeísmo con políticas coherentes e rigorosas

10/05/2023 | 19:38 | C. do Mar

Galicia constata a necesidade de actuar en todas as frontes para frear os plans de Bruxelas de restrinxir a pesca sen informes que o xustifiquen

A comunidade aposta por traballar desde todos os ámbitos para atallar a deriva medioambientalista do Executivo comunitario e tombar medidas arbitrarias que poñen en risco o futuro dun sector vital para a economía das zonas costeiras

A conselleira do Mar advirte de que non poden repetirse despropósitos como o veto á pesca de fondo aprobado en 2022 e que deben corrixirse eivas como o uso de datos parciais, desactualizados ou a ausencia de estudos de impacto socioeconómico

10/05/2023 | 13:47 | C. do Mar

A Xunta enxalza o papel da Fundación Expomar na busca de solucións aos desafíos da frota galega como a descarbonización ou a remuda xeracional

Rosa Quintana sinalou que tanto a Feira Monográfica como as Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial que se celebran estes días son chave para acadar propostas en favor do futuro do sector