Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

21/08/2023 | 13:15 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O presidente da Xunta enxalza na Illa de Tambo o valor patrimonial e natural de Galicia e aposta pola súa dinamización como destino turístico e cultural

Pon en valor os datos positivos de afluencia turística do primeiro semestre do ano, superiores aos do 2022 con 2,7 millóns de viaxeiros (un 11,8 % máis que no mesmo período do ano pasado) e os 4,7 millóns de noites (un 10,6 % máis que no primeiro semestre de 2022)

21/08/2023 | 11:30 | C. do Medio Rural

A Xunta de Galicia amplía o prazo de presentación das solicitudes de axudas para a recuperación de soutos de castiñeiros ata o 15 de setembro de 2023

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo de presentación de solicitude das axudas para a recuperación de soutos de castiñeiros afectados polos incendios forestais do ano pasado

20/08/2023 | 17:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

Ángeles Vázquez resalta a calidade da ameixa de Carril e agradece a “honra” de converterse nunha das súas embaixadoras

Durante o acto conmemorativo, o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica entregou os premios Ameixa de Ouro e Ameixa de Prata ademais de distinguir ao Parquista xoven, ao Parquista de honra e ás novas donas e cabaleiros

17/08/2023 | 13:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina preto de 300.000 euros a actuacións de restauración de espazos naturais en Ortigueira

Entre os traballos en execución estanse a eliminar tanto especies exóticas invasoras e alóctonas como aquelas que non son propias deste hábitat

15/08/2023 | 12:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colabora na elaboración dunha guía de viaxe cos puntos de maior interese e información turística sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas

O manual recompila os lugares máis atractivos de cada arquipélago do parque, presentando a información de forma e entretida e comprensible para todos os públicos

14/08/2023 | 14:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 9,7M€ as obras de ampliación e mellora do funcionamento da estación depuradora de augas residuais de Sada

O obxectivo é dotar á instalación municipal de capacidade para tratar os volumes de auga almacenados na rede, minimizar os problemas actuais de vertido en tempo de choiva e depurar todas as augas residuais xeradas no municipio nun escenario futuro

13/08/2023 | 13:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta investirá máis de 52.000 euros no reforzo da rede de distribución de electricidade da ampliación do parque empresarial de Meira

A obra permitirá garantir un subministro eléctrico de calidade á ampliación do parque empresarial, cuxo proxecto de urbanización están en redacción

12/08/2023 | 12:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
10/08/2023 | 13:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sogama avanza que a nova planta de transferencia da Lama estará operativa nas vindeiras semanas

Esta instalación, na que se investiron máis de 1,8 M€, substituirá á microplanta que operaba ata o de agora no municipio e poderá dar servizo a 8 concellos, que aglutinan unha poboación de máis de 23.000 habitantes.

08/08/2023 | 13:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sogama prevé a posta en marcha da planta de biorresiduos de Vilanova de Arousa en outubro

Cun investimento de 15,1 M€, esta planta dará servizo a 26 concellos e integrará as distintas fases do proceso de compostaxe dos residuos orgánicos