Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 101 novas da área temática Maiores:

04/04/2024 | 14:35 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará a construción, mellora ou ampliación dunha vintena de equipamentos sociais municipais destinados á atención aos maiores

 Rueda salienta que a través do Plan de investimentos, o Goberno autonómico sufragará con 18,5 millóns de euros a construción “de doce novas residencias, a reforma ou ampliación doutras seis, catro novos centros de día, un centro social e un centro integral con servizos de centro de día e residencia”

03/04/2024 | 17:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta participa nun encontro con responsables de centros residencias da área sanitaria da Coruña

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destaca a colaboración do Colexio Oficial de Médicos na formación de profesionais sociosanitarios

31/03/2024 | 17:37 | C. de Política Social e Igualdade
29/03/2024 | 13:10 | C. de Política Social e Igualdade

A nova residencia de maiores da Xunta en Cerdedo cumpre un ano desde a chegada dos primeiros usuarios

Preto de 50 persoas maiores viven e reciben coidados neste equipamento

28/03/2024 | 16:16 | C. de Política Social e Igualdade

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria visita aos maiores e ao persoal da residencia de Ribadumia

Antón Acevedo explicou que o novo modelo de coidados mellorará a calidade asistencial nos centros

26/03/2024 | 13:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará con 22.000 € obras de mellora no centro de día público de Oímbra

Instalarase unha cuberta no acceso dos usuarios ás instalacións, eliminaranse humidades e colocarase unha varanda no entorno do centro para garantir a seguridade dos usuarios

19/03/2024 | 12:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que Galicia consolídase como un dos lugares coa maior esperanza e calidade de vida

Lembra que a nosa Comunidade foi seleccionada por un comité internacional para analizar a súa calidade e lonxevidade, así como a súa posible catalogación como ‘zona azul’

12/03/2024 | 13:05 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará obras de mellora no centro de día público para maiores de Valga

As actuacións desenvolveranse a través dun convenio de colaboración asinado esta mañá entre a Administración autonómica, que financiará os traballos, e o ente local, que os executará

01/03/2024 | 13:51 | C. de Política Social e Igualdade

Alumnado na especialidade de Atención sociosanitaria fará prácticas non laborais en centros de maiores da rede pública da Xunta

Participantes no programa de emprego ‘Manco Xove’ completarán a súa formación en centros de día do ente autonómico

01/03/2024 | 13:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia a Afafes na atención ás persoas con Alzheimer da Costa da Morte a través da orde de axudas con cargo ao 0,7 % do IRPF

Na última convocatoria beneficiáronse dunha axuda de máis de 60.000 euros para seguir mellorando os seus servizos