Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 278 novas da área temática Formación:

28/03/2024 | 11:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia reforza a colaboración coas asociacións do traballo autónomo en materia de seguridade e saúde laboral

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade presentou na última Mesa do Emprego Autónomo as iniciativas específicas para o colectivo coas que quere reducir a sinistralidade na construción ou nos traballos forestais

27/03/2024 | 14:10 | C. do Mar

As escolas náuticas de Ferrol e Vigo formarán por primeira vez a trinta futuros oficiais de ponte a través da rede

Cunha duración de 80 horas, estes dous cursos de teleformación permitirán o aumento de atribucións para os posuidores do título de patrón costeiro polivalente  

15/03/2024 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz salienta as medidas de divulgación e formación da Xunta na defensa dos consumidores

A delegada da Xunta visitou o punto informativo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) no Mercado de Teis con motivo do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras

11/03/2024 | 13:47 | C. do Medio Rural

A Xunta imparte mañá, día 12, unha xornada formativa de poda no concello ourensán de Ribadavia a través da Oficina Agraria Móbil

Esta xornada desenvolveranse na parroquia de Santo André e abordará a poda en viñedo, co obxectivo de difundir técnicas que sexan máis respectuosas coa vide e que mitiguen a incidencia das enfermidades da madeira

02/03/2024 | 11:08 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta publica en formato aberto os datos do Mapa de Capacidades Dixitais de Galicia

Este directorio de axentes tecnolóxicos conta xa con máis de 340 entidades e ofrece información sobre uns 1.400 produtos e servizos e 78 tecnoloxías

27/02/2024 | 11:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concede axudas a oito asociacións profesionais e empresariais para a formación no eido do transporte por estrada cun investimento de 500.000 €

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destes incentivos cuxo obxectivo é mellorar as capacidades dos profesionais do sector en materia de seguridade viaria ou de manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial

22/02/2024 | 14:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza na profesionalización do persoal da infraestrutura industrial de Sogama dentro do seu Plan Estratéxico 2024-2030

O programa formativo impulsado pola empresa pública xunto coa firma Prezero pretende dotar a Galicia tanto do mellor tratamento de residuos municipais como duns profesionais coa maior cualificación do sector

19/02/2024 | 14:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrece medio cento de prazas para formarse como guías especializados nos valores deste espazo natural

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes esta semana e o curso constará dunha parte en liña, entre abril e xuño, e outra presencial a finais de ano

15/02/2024 | 14:47 | C. do Mar

A Consellería do Mar traslada aos docentes das escolas náuticas a suba en complementos salariais por formación, funcións de goberno ou titorías

A Xunta autoriza aplicar aos 82 profesores numerarios e mestres de taller o pacto acadado entre os representantes da Consellería de Educación e as organizacións sindicais que ratificaron estas co presidente autonómico