Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 186 novas da área temática Conservación da natureza:

25/03/2024 | 14:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre ao público o primeiro museo de arqueoloxía de Ons para dar a coñecer os restos patrimoniais atopados na illa nos últimos anos

Ángeles Vázquez salienta que grazas aos traballos executados pola Universidade de Vigo co apoio do Goberno galego hoxe é posible “reconstruír” parte da historia do arquipélago e do modo de vida e os costumes dos seus primeiros habitantes

09/03/2024 | 13:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Técnicos da Xunta viaxarán en maio a Zagreb para asesorar ao goberno local en políticas de xestión dos bosques urbanos no marco do proxecto europeo GIFT

 O Instituto de Estudos do Territorio participou esta semana nunha reunión de traballo con axentes territoriais galegos, tanto públicos como privados, implicados no desenvolvemento desta iniciativa para o impulso da infraestrutura verde

28/02/2024 | 13:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adquire tres parcelas en Monfero e completa a primeira ampliación da superficie pública do Parque Natural Fragas do Eume

Esta compravenda, de algo máis de 2,9 hectáreas, súmase á realizada o pasado 13 de febreiro e entre as dúas engaden preto de cinco hectáreas aos terreos propiedade do Executivo galego neste espazo protexido

22/02/2024 | 16:37 | C. do Mar

Vidro, cerámica, algas, madeira e plásticos encabezan o lixo que retiraron os profesionais do mar en Galicia

Os 36 proxectos desenvolvidos nos últimos catro anos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños permitiron extraer do litoral e da costa preto de 425 toneladas de residuos

20/02/2024 | 14:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O inventario de zonas húmidas de Galicia incorpora 250 espazos máis e actualiza a información de 10

A Xunta reforza deste xeito o rexistro público creado para preservar estes hábitats de grande interese e que constitúen por si mesmos un valioso patrimonio natural, ao tempo que serve de base de referencia e como ferramenta de planificación e xestión

20/02/2024 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Baus, en Lourenzá

Os treitos obxecto das intervencións acadaron unha lonxitude de 226 metros

14/02/2024 | 14:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga pola rehabilitación ambiental dos antigos espazos mineiros

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá o antigo emprazamento mineiro de Rubiais, en Pedrafita do Cebreiro

13/02/2024 | 12:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos regos das Pontigas e da Veiga, no concello de Cedeira

Os treitos obxecto das intervencións acadan unha lonxitude de algo máis de 4,1 quilómetros

12/02/2024 | 12:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Unha guía divulgativa recompila por primeira vez as 230 especies de liques existentes no Parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia

O traballo, realizado por dúas doutoras en Bioloxía especialistas neste eido, recibiu unha axuda da Xunta para proxectos na área de influencia socioeconómica do espazo natural

11/02/2024 | 10:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de limpeza nos treitos interurbanos do río Xunco, no concello de Cervo

Os traballos estanse a desenvolver no percorrido do río polas parroquia San Román de Vilaestrofe, Sargadelos e Cervo