Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.603 novas:

05/07/2024 | 13:24 | C. do Mar; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A colaboración das Consellerías do Mar e de Educación permite que o IES Marqués de Sargadelos imparta o vindeiro ano o 1º ciclo medio de cultivos acuícolas de Galicia

O Goberno galego dá resposta a outro obxectivos que demanda o tecido empresarial, que é contar con persoal debidamente formado e cualificado

05/07/2024 | 13:19 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca o selo Artesanía de Galicia como factor de identidade que axuda a crear emprego e dinamizar o rural

Sinala que a comunidade foi a primeira en posuír un distintivo propio no sector, sendo hoxe “unha marca moi consolidada que dá a volta ao mundo”

05/07/2024 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os avisos por niños de avespa velutina recibidos pola Xunta no que vai de ano reducíronse en case un 60 % coa activación das medidas de choque

A directora xeral de Administración Local e o director xeral de Emerxencias e Interior mantiveron hoxe unha reunión con representantes da empresa pública Seaga encargada da retirada dos niños, da central de chamadas do 012 e do 112 Galicia

05/07/2024 | 12:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Catro centros tecnolóxicos recibirán case 8 M€ da Xunta para mellorar as infraestruturas de investigación e ensaio

O CTAG recibirá unha axuda de 4M€, mentres que AIMENT recibirá 3,2M€, Gradiant uns 263.000€ e CETIM 442.000€

05/07/2024 | 12:21 | C. de Facenda e Administración Pública

Preto do 95% dos contribuíntes galegos cumpren de forma voluntaria coas súas obrigas tributarias

A directora da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) compareceu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento para explicar a Memoria de actividades do organismo correspondente ao ano 2023

05/07/2024 | 12:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta pola integración paisaxística das terrazas cunha guía de boas prácticas que achega solucións e recomendacións de deseño

Ángeles Vázquez salienta que pretende servir de axuda ás administracións municipais e ao sector hostaleiro de cara a buscar unha certa homoxeneidade destes espazos de lecer e a súa concordancia coa contorna

05/07/2024 | 12:09 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo pon en valor o nivel da vela galega con competicións como o Trofeo Presidente da Xunta

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou esta mañá na presentación das cinco regatas que forman parte do Circuíto Galego de Alto Nivel