Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

03/05/2023 | 12:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre o prazo para inscribirse na xornada formativa para profesionais do sector turístico sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas

Terá lugar os vindeiros días 23 e 24 de maio e está dirixida a profesionais do eido turístico como técnicos, informadores, guías ou persoal de organismos e entidades que estean en contacto con potenciais visitantes deste espazo protexido

03/05/2023 | 12:27 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia rexistra no primeiro trimestre deste ano un 22,5% máis de ocupación nos aloxamentos turísticos que no mesmo período do pasado ano

Neste primeiro trimestre, Galicia rexistrou un total de 717.562 viaxeiros e 1,3 M noites cunha estadía media de 1,8 noites nos seus establecementos

28/04/2023 | 13:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o Monumento Natural Praia das Catedrais como exemplo de turismo sostible e convida á cidadanía a visitalo esta ponte festiva

Belén do Campo fai fincapé na importancia de combinar o uso e desfrute desta contorna coa súa preservación e lembra a obrigatoriedade de cumprir a normativa de uso público establecida para este monumento natural

27/04/2023 | 21:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia
27/04/2023 | 14:06 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta amplía ata o 29 de maio do prazo para a solicitude das axudas para actuacións de eficiencia enerxética nos aloxamentos turísticos

Estas axudas, dotadas de 7,8 millón, están destinadas a hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos
 

26/04/2023 | 20:00 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca a futura Lei de artesanía de Galicia para dignificar o labor dos artesáns e poñer en valor as súas creacións

Salienta que a mostra organizada pola Asociación de Artesáns e Comerciantes de Ourives de Galicia, formada por unhas 75 pezas, reúne “un tesouro que é patrimonio de toda a cidadanía galega”

26/04/2023 | 12:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegación da Xunta acolle a presentación da XXVIII mostra de viños da Ribeira Sacra de Pantón, que se celebra os días 13 e 14 de maio

Será a segunda edición coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia e contará coa participación de nove adegas, unha máis que o ano pasado

26/04/2023 | 11:24 | Axencia de Turismo de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a modificación das bases da convocatoria de axudas para actuacións de embelecemento no litoral galego

O obxectivo principal destas axudas é fomentar actuacións de rehabilitación de espazos singulares, promover accións que contribúan a unha maior integración coa paisaxe e respecto dos valores ambientais, a dixitalización de recursos con potencial turístico, así como a mellora da fachada turística e a corrección de impactos paisaxísticos en zonas costeiras

25/04/2023 | 14:12 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca o auxe da ocupación nos cámpings galegos que ofrecen un turismo tranquilo, de calidade e sostible

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na Xornada sobre “Inversión e innovación no mundo do cámping”, organizada polo Banco Sabadell e que tivo lugar na Cidade da Cultura

21/04/2023 | 11:31 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta salienta a importancia do Camiño de Santiago como pulo para o desenvolvemento económico de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na entrega dos Premios Pilgrim a diversas empresas do sector turístico galego