Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

10/05/2023 | 17:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o seu compromiso co fortalecemento e mellora do turismo termal na cidade de Ourense

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala no Parlamento que se busca converter este potencial nunha verdadeira oportunidade para desestacionalizar a demanda e captar máis público

10/05/2023 | 13:21 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación dos actos da 50 edición da Festa da Rosa en Mos que contará coa actuación de David Bustamante

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do concerto que terá lugar neste concello pontevedrés o vindeiro 9 de xuño outubro

09/05/2023 | 14:57 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia contará co Plan territorial de sustentabilidade turística de Vilas termais e cascos históricos dotado con 23,23 M€ aprobado hoxe na Conferencia Sectorial de Turismo

O obxectivo desta iniciativa é promocionar Galicia como destino termal e histórico-cultural de primeiro nivel, poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas da nosa comunidade

08/05/2023 | 13:49 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro mantén unha xuntanza cunha delegación de hoteleiros arxentinos que están facendo o Curso de Direccion e Xestión Hotelera no Centro Superior de Hostelería de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, agradeceulles aos 55 directivos que elixiran Galicia e o Centro para levar a cabo ese curso

06/05/2023 | 13:56 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia
05/05/2023 | 14:26 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro destaca a importancia do turismo rural en Galicia para avanzar na desestacionalización, na creación de emprego e na loita contra a despoboación nas zonas rurais

Nos tres primeiros meses deste ano, Galicia recibiu 717.562 viaxeiros, dos cales máis de 13.300 foron no segmento do turismo rural con preto de 22.000 noites de pernotacións, cifra que supera nun 6,6% a do ano pasado

A directora de Turismo indicou que Galicia aposta por un turismo de calidade, sen masificacións, con ofertas gastronómicas e vitícolas de recoñecemento internacional
 

05/05/2023 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe unha nova convocatoria de axudas á compra de bicicletas eléctricas e de pedaleo asistido para cadeiras de rodas, que poden solicitarse desde o 1 de xuño

Vázquez Mourelle explica que esta convocatoria, para os anos 2023 e 2024, ten un orzamento de 1,7 M€ para continuar co fomento da adquisición de bicicletas eléctricas

05/05/2023 | 13:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta valora a senda do Fuciño do Porco como un modelo a seguir que combina a protección ambiental e o uso turístico

Ángeles Vázquez incide na importancia de garantir o equilibrio entre o cada vez maior número de visitantes e a conservación dos valores naturais desta contorna, que está catalogada como Rede Natura 2000

03/05/2023 | 14:06 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca a importancia de traballar conxuntamente co sector e coas Administracións para converter Galicia nun referente de destino turístico sostible

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto coa directora xerente do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, Paloma Rueda, participaron na apertura da xornada Turismo nas augas internacionais do río Miño: reflexións cara a unha transición sostible