Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

22/06/2023 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica comisa máis de nove quilos de navalla en Pontevedra

Os axentes, en coordinación co Servizo de Gardacostas de Galicia, levantaron unha acta de presunta infracción da Lei de Pesca de Galicia

22/06/2023 | 11:10 | C. do Mar

Preto dun cento de técnicos e investigadores galegos poñen en valor información recollida nos últimos 30 anos sobre os recursos marisqueiros

O Simposio de Técnicos de Marisqueo realízase ao abeiro da Rede entre o sector pesqueiro e organismos científicos de Galicia e busca intercambiar coñecementos sobre a rexeneración de bancos marisqueiros e as súas variables ambientais así como sobre a dinámica e avaliación das poboacións de distintos recursos

21/06/2023 | 18:53 | C. do Mar

A Xunta pon en valor a colaboración transnacional na loita contra o lixo mariño dentro do proxecto CleanAtlantic

O conselleiro do Mar clausurou a conferencia final desta iniciativa europea onde enxalzou a súa importancia para mellorar os sistemas de xestión e monitorización de residuos mariños e para concienciar á cidadanía sobre o coidado do mar

21/06/2023 | 14:30 | C. do Mar

A Xunta enxalza a calidade e oferta da Cociña do Mar de Galicia a través de cinco foros gastronómicos na Coruña, Vigo, Ourense, Lugo e Santiago

O conselleiro sinalou que o obxectivo principal é animar á cidadanía a consumir os produtos das rías galegas, así como poñer en valor o labor dos profesionais da cadea mar-industria e tamén o das cociñeiras e cociñeiros cos que conta a comunidade

20/06/2023 | 18:40 | C. do Mar

Galicia defende a rebaixa do IVE dos produtos do mar para reactivar o seu consumo e recoñecer o labor esencial do sector pesqueiro

O titular de Mar sinalou que esta medida contribuiría a incentivar o movemento do mercado, a aliviar a situación das familias -especialmente as de baixos ingresos- e a mellorar as previsións de crecemento económico

20/06/2023 | 12:48 | C. do Mar

Cinco foros da campaña Galicia sabe amar porán en valor a gastronomía do mar da comunidade galega

O Hotel Monumento San Francisco acollerá mañá ás 12,30 horas a presentación destes eventos que se celebrarán na Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela e que buscan enxalzar a calidade dos peixes e mariscos galegos

20/06/2023 | 11:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

Galicia expón á Comisión Europea, a outras rexións e partes interesadas o seu ditame sobre o futuro da pesca

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, defendeu os obxectivos do informe, como a sustentabilidade do sector pesqueiro ou a revitalización das comunidades costeiras

19/06/2023 | 18:49 | C. do Mar

Galicia defende a fixación de posibilidades de pesca plurianuais en augas comunitarias xa a partir do próximo ano

A comunidade entende que España debe aproveitar a Presidencia da Unión Europea no segundo semestre do ano para impulsar un cambio de modelo que dea máis estabilidade á frota e lle permita planificar mellor a súa actividade

19/06/2023 | 14:06 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

O presidente galego destaca a fortaleza da acuicultura galega e garante o apoio da Xunta para manter o seu liderado

Asegura que Galicia é un dos mellores lugares do mundo para a cría de peixe, como demostra o feito de que a acuicultura facturara o ano pasado na Comunidade 256 M€, un 10 % máis que no 2021

17/06/2023 | 13:16 | C. do Mar

A Xunta ofrecerá ao sector marisqueiro formación para impulsar a valorización dos produtos do mar

A Consellería do Mar e a Fundación Araguaney-Ponte de Culturas celebrarán tres xornadas, dúas delas terán lugar o vindeiro día 23 en Arcade (Soutomaior) e en Vilagarcía de Arousa e a terceira o día 30 en Muros