Actualidade
Buscador de novas
A Xunta avanza na mellora do viveiro forestal dos Trollos para convertelo en referente de xestión de frondosas
Os traballos van encamiñados cara á conservación dos recursos xenéticos para dispoñer de planta de calidade, enmarcados no Plan Forestal de Galicia 2021-2040
A Xunta recoñece o labor das agrupacións de voluntarios de protección civil da provincia de Ourense
O delegado territorial da Xunta fixo entrega das medallas aos membros das AVPC da provincia que non puideron asistir ao acto celebrado o pasado novembro na Academia Galega de Seguridade Pública
A Xunta comparte coa asociacion AMIPA de Rois o labor do servizo de prevención e extinción de incendios
O director xeral de Defensa do Monte encargouse de recibir a representantes da asociación de nais e pais de persoas con discapacidade intelectual da comarca do Sar no Centro de Coordinación Central de Defensa Contra Incendios Forestais
A provincia de Ourense aglutina a metade dos máis de 10 M€ concedidos pola Xunta en 2022 para o fomento da silvicultura activa
Este territorio acumula máis de 5,1 millóns de euros da última convocatoria, o que supón o 50 % do total das achegas para o conxunto de Galicia, que superaron os 10,2 millóns de euros
A Xunta amplía a súa colaboración coas universidades de Santiago e de Vigo para seguir impulsando o Inventario forestal continuo de Galicia
A Consellería do Medio Rural asinou unha addenda ao convenio subscrito en marzo de 2020 coa USC e coa UVigo para desenvolver estes traballos
A Xunta investirá 21,76 M€ en mellorar os medios materiais do servizo de prevención e extinción de incendios de Galicia
A Consellería do Medio Rural contratará oito helicópteros destinados á coordinación de medios e extinción de lumes por un importe de 13,4 M€ e ata o ano 2026