Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 754 novas da área temática Benestar:

14/05/2023 | 10:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia colabora coa III Carreira solidaria e inclusiva "Revirando"

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu ao evento, que se desenvolveu na alameda de A Guarda

12/05/2023 | 11:38 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre a próxima semana o prazo de solicitude de vacacións familiares nas residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño

O vindeiro luns 15 de maio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para as estadías nas dúas instalacións

11/05/2023 | 15:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a atención de calidade e os coidados que reciben os maiores que acoden aos centros de día públicos autonómicos

Persoal, usuarios e familiares do centro de Cospeito celebraron hoxe o doce aniversa-rio deste equipamento pertencente á rede pública autonómica

10/05/2023 | 13:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ten en marcha un proceso participativo para preparar a nova Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2023-2030

Procúrase reforzar as liñas de actuación seguidas na actual estratexia e dar res-posta aos novos retos e necesidades que xorden no ámbito das políticas sociais

10/05/2023 | 13:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas do programa Voluntariado Sénior

O orzamento da convocatoria é de 100.000 euros: 45.000 para iniciativas de enti-dades locais e 55.000 para as que propoñan as de acción voluntaria

09/05/2023 | 19:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola colaboración con asociacións de veciños e de mulleres rurais e comunidades de usuarios de auga para consolidar o movemento veciñal

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, reuniuse con representantes da asociación de veciños As Regas do Carballido, en Lugo, onde puxo en valor o traballo destas entidades a prol da dinamización da vida local

09/05/2023 | 14:14 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que Galicia estase convertendo nun referente a nivel mundial na dixitalización do sistema de coidados

Destacou aquelas medidas pioneiras que se están a implantar nos centros residenciais galegos como as habitacións intelixentes, terapias virtuais ou a mellora do fluxo de información coa Implantación da Historia Clínica Electrónica e a creación dun Censo Único Electrónico