Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

02/06/2023 | 14:34 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia recibe un total de 137 solicitudes para a orde de axudas a establecementos turísticos para levar a cabo actuacións de embelecemento nos concellos do litoral galego

As axudas enmárcanse no Plan Litoral de Galicia que inclúe 3 Accións de Cohesión en Destino e 10 Plans de Sustentabilidade Turística impulsados por entidades locais, mancomunidades e Deputacións

29/05/2023 | 12:45 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia
25/05/2023 | 20:01 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta leva a cabo en Pontevedra unha nova edición do ciclo Xacobeo Peregrinas coa participación de Amaranta Rodríguez, María Fontán e Desirée Vila

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto que tivo lugar esta tarde na sala de conferencias da delegación da Xunta na cidade capitalina

24/05/2023 | 12:10 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta mantén unha xuntanza cunha delegación de Wakayama para avanzar nos actos do 25 aniversario do irmandamento entre o Camiño de Santiago e o Camiño de Kumano Kodo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo un encontro coa delegación de Prefectura de Wakayama esta mañá na sede da Axencia de Turismo

22/05/2023 | 15:17 | Axencia de Turismo de Galicia
18/05/2023 | 20:10 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca a importancia da auga como elemento que identifica e diferenza a Galicia como destino turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participaron na presentación do campionato galego de augas abertas e da travesía a nado “Vila de Tea”
 

15/05/2023 | 16:31 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro destaca a importancia de mellorar e revalorizar o patrimonio turístico e etnográfico de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo unha xuntanza co alcalde pedáneo da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa, José Francisco Alonso

12/05/2023 | 13:12 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación da novena edición de “Estrelas no camiño” que este ano reune a 33 chefs con 72 Estrelas Michelin

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do evento xunto o promotor do evento solidario e copropietario de Casa Barqueiro, Rogelio Rial; o presidente da Asociación Galega de Síndrome de X Fráxil, Nicolás González; e os chefs Manuel Costiña e Federico López

11/05/2023 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 48.000 € en actuacións de mellora de infraestruturas turísticas nos concellos de San Sadurniño e Cabanas

O DOG recolle a resolución desta convocatoria destinada a concellos de ata 10.000 habitantes e dotada dun crédito orzamentario de 3 M€