Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

03/07/2023 | 14:45 | C. do Mar

A Xunta traslada ás federacións de confrarías que a Lei de Ordenación do Litoral dará seguridade xurídica ao sector do mar de Galicia e velará polo seu futuro

O titular de Mar expuxo aos presidentes das catro entidades que a comunidade vai exercer plenamente as súas competencias para evitar a expulsión da costa de actividades que non se poden desenvolver afastadas del

02/07/2023 | 10:46 | C. do Mar

Mañá comeza a campaña extractiva do polbo en toda Galicia e arranca a veda da centola na provincia de Lugo

A pesca do cefalópodo prolongarase ata a data de inicio da veda do ano 2024, que se fixará no correspondente plan de xestión

28/06/2023 | 20:05 | C. do Mar

A Xunta salienta que as medidas adoptadas na última campaña de extracción de Mexilla permitiron atender as necesidades do sector bateeiro

A Consellería do Mar ten constancia de que a maioría das bateas conta co recurso necesario para garantir a súa produción
 

27/06/2023 | 16:14 | C. do Mar

Galicia reivindica políticas pesqueiras europeas que aposten polo rigor científico e pola súa implantación gradual para protexer a frota

O titular de Mar lamentou o marcado cariz medioambientalista que está a tomar a Comisión Europea e apelou á necesidade de evitar que se repitan medidas arbitrarias como o veto á pesca de fondo en 87 áreas de augas comunitarias

26/06/2023 | 13:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta advirte de que as trabas do Estado a renovar a concesión da empresa A Ostreira fan perigar a subministración de semente ao sector marisqueiro

Ángeles Vázquez lamenta que as instalacións que a empresa ten no Grove vexan comprometido o seu futuro polas exixencias do Goberno central de cambiar de lugar unhas piscinas asentadas no dominio público marítimo-terrestre que son vitais no seu proceso de produción e que carecen de localización alternativa

23/06/2023 | 10:41 | C. do Mar

Mañá comeza a veda da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra

A prohibición de extracción deste crustáceo prolongarase ata o vindeiro 5 de novembro na costa coruñesa e pontevedresa