Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

10/11/2023 | 12:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licitará este ano o instrumento de ordenación que permitirá dotar a Cabana de Bergantiños do seu primeiro parque empresarial

 Ángeles Vázquez explica que o futuro polígono, cunha superficie de case 271.000 m2, está previsto na segunda modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresarias de Galicia, que se aprobará definitivamente antes de que remate 2023
 

10/11/2023 | 12:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca en decembro e en xaneiro os titulares dos terreos necesarios para executar a nova senda peonil entre Bamio e Carril, en Vilagarcía de Arousa

O levantamento das actas previas á ocupación terá lugar o 12 de decembro no salón de plenos do Concello e a formalización o 30 de xaneiro no mesmo lugar

09/11/2023 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 365.000 € a execución de novas obras na senda Pontevedra-Marín que completan a transformación integral do treito urbano da PO-546 en Estribela

Esta intervención supón a 2ª fase de intervención en Estribela, desde o final da 1ª fase, cuxa execución se está a ultimar, ata o límite municipal

09/11/2023 | 12:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética nas instalacións municipais de Ribadumia

A directora xeral de Administración Local visitou actuacións desenvolvidas no marco dun proxecto que contou con 140.000 euros do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local
 

08/11/2023 | 19:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reduciu en dous terzos a hipoteca en concesións de autovías do bipartito, construíu 220 quilómetros de vías de altas prestacións e mantivo o investimento en conservación de estradas

Vázquez Mourelle destaca que, 14 anos despois, a Xunta terá que destinar en 2024, ata 58 M€ a pagar a herdanza de 4.100 M€ de débeda deixada en polo bipartito para pagar peaxes

08/11/2023 | 18:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez reclama ao Goberno central a modernización do Feve Ferrol-Ribadeo e a dotación do material rodante comprometido para poñerlle fin ao abandono deste servizo

Vázquez Mourelle apunta á falta de vontade política para converter o ferrocarril de vía estreita nunha alternativa de transporte que, en primeiro lugar, funcione e, despois, resulte útil á mobilidade diaria dos cidadáns das comarcas que atravesa

08/11/2023 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que os 40 contenciosos presentados contra o Plan de transporte público foron todos resoltos a favor da Xunta

Vázquez Mourelle reitera que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non cuestiona a posta en marcha do Plan de Transporte, senón as prácticas de dúas empresas ás que a Comisión Galega de Competencia xa abriu expediente

08/11/2023 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG recolle a aprobación do proxecto de construción da 3ª fase de acondicionamento da estrada PO-235 no concello da Lama, que suporá un investimento de 3,9 M€

Melloraranse as condicións de circulación e incrementarase a seguridade, ampliando a calzada ata os 7 metros de ancho, ademais de mellorar o trazado en diversas curvas

07/11/2023 | 18:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta traslada ao concello de Santiago unha proposta de colaboración para mellorar a integración urbana do Hospital clínico e favorecer o acceso á sanidade pública

A Xunta aposta por abordar a ordenación e integración urbana do hospital a través dun Proxecto de Interese Autonómico que se compromete a tramitar

07/11/2023 | 13:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anuncia a adxudicación do plan e do proxecto de urbanización que permitirán ampliar en 162.000 m2 o polígono industrial de Toedo, na Estrada

Ángeles Vázquez subliña que o próximo ano se redactarán ambos documentos co obxectivo de poder iniciar as obras de urbanización do novo ámbito en 2025 e avanzar en paralelo no asentamento das empresas interesadas nesta área industrial