Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 860 novas da área temática Economía:

04/08/2023 | 15:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Marín o impulso das asociacións de comerciantes á dinamización do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe na inauguración da feira Stock Marín, organizada polo Centro Comercial Local Estrela de Marín co apoio da Administración autonómica

04/08/2023 | 14:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o papel da mostra Alfaroleiros na divulgación do oficio artesanal da olería

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá o evento no que participan 23 profesionais de olería e cerámica de diferentes zonas de España e Portugal, entre os que se atopan 5 obradoiros da marca Artesanía de Galicia

03/08/2023 | 19:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia participa na constitución do Foro de Países Celtas para reforzar a dimensión atlántica na construción europea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea representou á Xunta na constitución deste foro en Rennes.

03/08/2023 | 19:38 | C. do Mar

A Xunta apoia con máis de 1,5 M€ un total de 85 proxectos de eficiencia enerxética e melloras a bordo dos buques pesqueiros

O Executivo galego destina estas achegas a mellorar a hixiene, a saúde, a seguridade e as condicións de traballo dos profesionais embarcados, así como á eficiencia no consumo de combustibles para mitigar o cambio climático mediante medidas como o cambio de motores, entre outros aspectos

03/08/2023 | 17:08 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta renova a súa aposta pola promoción turística conxunta a través da marca España Verde

O director de Turismo de Galicia participou esta mañá na comisión de seguemento desta marca turística, que aglutina ás comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, ademáis de Turespaña.

03/08/2023 | 09:01 | C. do Mar

A Xunta ultima a estratexia para salvagardar e poñer en valor o conxunto do patrimonio marítimo galego

O titular de Mar sinala que está en fase moi avanzada o Plan da Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030, composto por un centenar de medidas

02/08/2023 | 15:31 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda enxalza o papel dos empresarios na consolidación dunha Galicia potente que ofrece estabilidade e atractivo para investir

Garante que a Comunidade galega continuará a ser segura e previsible, fórmula que recorda que leva aplicándose desde 2009 e que contribuíu a recuperar o PIB prepandemia máis rápido que a media de España

02/08/2023 | 14:25 | C. de Economía e Industria

O foro resonancias 23 bota a andar en Tui centrado no emprego de madeiras galegas na construción artesanal de instrumentos musicais

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá nunha das mesas redondas desta terceira edición do Foro Profesional de Instrumentos Musicais, impulsado pola Xunta no marco do XVII Festival Música no Claustro

02/08/2023 | 13:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga pola internacionalización das pemes galegas para mellorar a súa competitividade

A directora do Igape, Covadonga Toca, visitou esta mañá as instalacións do Grupo Itelsis, en Santiago, que ten levado a cabo distintos plans de internacionalización nos últimos anos contando co apoio do Goberno galego