Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.292 novas da área temática Sanidade:

17/01/2024 | 10:43 | C. de Sanidade

A Xunta destaca o labor das resonancias magnéticas móbiles do Servizo Galego de Saúde

O conselleiro de Sanidade achegouse á unidade estacionada ata o 23 de xaneiro no Hospital do Salnés para agradecer ao persoal o seu traballo

17/01/2024 | 09:25 | C. de Sanidade

O Sergas publica a adxudicación sen exame de prazas do concurso de méritos para a categoría de facultativo especialista en atención primaria

O proceso iniciado a través da Lei 2/2022 de medidas extraordinarias para prazas de difícil cobertura permitiu adxudicar con carácter fixo nesta primeira rolda un total de 65 prazas en centros de saúde de toda Galicia

16/01/2024 | 16:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta comeza as obras do edificio C do Hospital Clínico Universitario de Santiago, no marco dos traballos de ampliación do complexo

O obxectivo é habilitar case 5.300 m2 de nova superficie neste edificio C, destinado a consultas externas e probas funcionais

15/01/2024 | 13:21 | C. de Sanidade

Comesaña pon en valor o traballo da Cruz Vermella de Lugo no tratamento dos trastornos adictivos

A Xunta de Galicia colabora anualmente con esta asociación para o desenvolvemento de programas de asistencia a pacientes con trastornos vencellados a substancias e trastornos adictivos

15/01/2024 | 10:43 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 47 persoas por 36 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 12 de xaneiro ata as 23,59 horas do domingo, 14 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 49 chamadas por accidentes de tráfico

13/01/2024 | 13:55 | C. de Sanidade
12/01/2024 | 13:12 | C. de Sanidade

A Xunta presenta a plataforma Sanidade Mediaverso coa que fomentará os hábitos de vida saudables entre a poboación galega

Esta nova ferramenta tecnolóxica contén recursos dixitais, aplicacións, xogos e programas de realidade virtual e aumentada, nos que se achegan solucións para acadar un estado de saúde óptimo

11/01/2024 | 12:12 | C. de Sanidade

A Xunta advirte á cidadanía da necesidade de tomar medidas axeitadas para evitar ou reducir o impacto negativo das baixas temperaturas no organismo

O aire frío continental deixarase notar en Galicia especialmente nas xornadas de hoxe xoves e de mañá venres

10/01/2024 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta adxudica por máis de 1,1 M€ as obras de demolición do Hotel de doentes, necesaria para executar o anel viario do novo Hospital Público da Coruña

Estes traballos contan cun prazo de execución de 7 meses e consisten no derribo do edificio, que ten 7.691 m2 divididos en 10 andares

09/01/2024 | 14:03 | C. de Sanidade

A Xunta garante a alcaldes e alcaldesas da Limia a continuidade das dúas prazas de pediatría en Xinzo

O conselleiro de Sanidade reuniuse cos representantes municipais para informar da situación de falta de cobertura circunstancial destas prazas e das medidas tomadas para manter a asistencia e a obtención de cita en menos de dous días