Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

14/11/2023 | 11:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética no pavillón deportivo da Lama

A directora xeral de Administración Local visitou as instalacións, que contaron cunha achega de 140.000 euros do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local
 

13/11/2023 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que a comezos de 2025 estará rematada a 1ª fase da cidade de San Caetano, cun investimento da Xunta de 34 M€ para mellorar o servizo aos cidadáns e facer cidade en Santiago

Vázquez Mourelle sinala que as novas instalacións, na parcela que antes acollía a estación de autobuses, permitirán modernizar o espazo de traballo de case 700 empregados públicos e evitar un gasto en alugueiros de máis de 1,1 M€/ano

13/11/2023 | 11:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez e o alcalde de Cerdedo-Cotobade abordan novos proxectos de mellora do saneamento no municipio

Vázquez Mourelle confirma que o proxecto para dotar de saneamento a novos núcleos da parroquia de Tenorio xa está supervisado e estase a ultimar o convenio entre Augas de Galicia e o Concello para a súa materialización

11/11/2023 | 14:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
11/11/2023 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas para executar as obras de mellora de 64 paradas de autobús en estradas autonómicas das comarcas de Santiago, Fisterra, Terra de Soneira e Xallas

As actuacións suporán un investimento de case 2,2 M€ e abranguen a mellora deste conxunto de paradas situadas en 14 estradas ao seu paso polos concellos de Ames, Brión, Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Santa Comba, Vimianzo e Zas

10/11/2023 | 15:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lamenta que o comisionado do Goberno para o Corredor Atlántico cuestione a implicación do empresariado galego e actúe como un muro que impide o diálogo

Vázquez Mourelle felicita á Confederación de Empresarios de Pontevedra por defender o traballo do empresariado, volcado en incrementar a actividade e chegar a novos mercados

10/11/2023 | 15:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina preto de 32.000 euros á mellora de locais das asociacións de veciños de Arnado e Salcedo, na Pobra do Brollón

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca que a liña de axudas para agrupacións veciñais pretende contribuír a que estes colectivos conten con espazos axeitados para realizar actividades e dinamizar os concellos rurais
 

10/11/2023 | 14:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste preto de 260.000 euros este ano na mellora de infraestruturas municipais en San Sadurniño

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou a localidade para comprobar as actuacións feitas ao abeiro de distintas liñas de apoio

10/11/2023 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta desprega 390 profesionais, 80 vehículos e 5.400 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas estradas autonómicas ante as inclemencias do tempo

Vázquez Mourelle destaca a importancia do Plan de vialidade Invernal, activo ata o 30 de abril para manter en condicións axeitadas para a circulación os máis de 5.500 km de vías autonómicas