Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.054 novas da área temática Emprego:

22/11/2023 | 20:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego no acto de entrega do XXIV premio Emprende Coruña

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, salientou que xa hai once centros activos en Galicia e que en breve se porán en marcha catro máis para cubrir o cen por cento do territorio

Destacou tamén que o ano que vén se triplicará a contía do convenio con AJE Galicia -organizadores do premio que hoxe se entrega- para colaborar no pulo ao emprendemento no conxunto da Comunidade
 

22/11/2023 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta concede axudas do programa de emprendemento feminino por 360.000€ a 25 proxectos empresariais impulsados por mulleres na comarca do Salnés

O delegado territorial en Pontevedra, Agustín Reguera, informou desta resolución de achegas nunha visita á tenda Tetereta de Vilagarcía de Arousa, que recibirá unha achega de 16.000€

22/11/2023 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina 1.530.672 euros para formar a 800 persoas desempregadas a través de 8 programas integrados de emprego na provincia de Ourense

O delegado territorial destacou que en cada un dos PIE tomarán parte 100 persoas desempregadas; polo menos o 35% serán inseridas no mercado laboral durante a duración do proxecto, ben por conta allea, por conta propia, ou como socios/as traballadores/as dunha cooperativa ou sociedade laboral por un tempo non menor de seis meses

22/11/2023 | 11:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Máis de 1.300 desempregados están a formarse en empresas a través de unidades formativas financiadas pola Xunta con compromiso de contratación

O Diario Oficial de Galicia publicita a resolución da convocatoria anual á que a Administración autonómica destina case 2,5 millóns de euros

22/11/2023 | 11:33 | C. de Facenda e Administración Pública

Preto de 600 empregadas e empregados públicos da Xunta ascenderán de categoría

A Xunta convoca hoxe no Diario Oficial de Galicia catro procesos selectivos de promoción interna

21/11/2023 | 20:48 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca o apoio e impulso da Xunta ao emprego inclusivo ao que se destinarán 33,4 M€ en 2024

Salienta o compromiso da Xunta e de entidades como Cegasal para inserir no eido laboral as persoas con discapacidade

20/11/2023 | 14:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta financia con preto de 654.000 € cinco programas integrados de emprego nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de resolver a convocatoria da anualidade 2023-2024 que conta cun orzamento de 10,2 M€ para toda Galicia e que permitirá poñer en marcha 49 PIE

20/11/2023 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Gabriel Alén resalta as axudas da Xunta para a creación e consolidación do emprego feminino na provincia de Ourense

O delegado territorial destacou que na provincia de Ourense beneficiáronse un total de 47 establecementos, que supuxo unha achega total de 608.000 € e a consolidación de 96 empregos

20/11/2023 | 10:07 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta convoca 35 prazas de emprego público reservadas para persoas con discapacidade intelectual

O DOG publica hoxe a convocatoria de procesos selectivos para a especialidade de limpeza e cociña e para a escala de Persoal se Servizos Xerais

19/11/2023 | 16:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste 10,2 M€ para a posta en marcha de programas integrados de emprego en 30 entidades sen ánimo de lucro e 19 concellos

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade acaba de resolver a convocatoria de axudas desta iniciativa plurianual para 2023-2024