Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

19/10/2023 | 13:04 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca axudas para organizacións profesionais e asociacións agrarias para a realización das súas actividades

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras da convocatoria destas achegas da Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
 

18/10/2023 | 20:00 | C. do Medio Rural

A Xunta declara un novo foco de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica nunha explotación bovina do concello coruñés de Mesía

As principais medidas de prevención para esta enfermidade consisten fundamentalmente en evitar a exposición dos bovinos ao mosquito vector transmisor da enfermidade

18/10/2023 | 19:13 | C. do Medio Rural

A Xunta define a estabilidade dos prezos do leite como esencial para garantir a sustentabilidade do sector e garantir a remuda xeracional no agro galego

José González apelou á responsabilidade da industria e trasladou unha mensaxe clave aos principais compradores de leite galego: “A continua baixada nos prezos empurraría aos produtores a unha situación de perdas inasumible”

18/10/2023 | 11:49 | C. do Medio Rural

A Xunta de Galicia pon en marcha un novo sistema informático para a tramitación das actas de inspección e denuncia dos axentes facultativos medioambientais

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal abriu a xornada formativa que contou coa asistencia de 325 axentes

17/10/2023 | 13:13 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca o “decisivo papel” do Camiño de Santiago para revitalizar a economía do rural galego

Refírese ao positivo impacto que ten a actividade dos peregrinos nas contornas “polo efecto multiplicador do gasto que realizan nos establecementos locais”

16/10/2023 | 19:02 | C. do Medio Rural

A Xunta promociona a excelencia dos viños galegos en Madrid e sitúa á nosa comunidade como referente enoturístico

José González puxo en valor a longa traxectoria das Catas de Galicia, que levan 35 edicións impulsadas polo Goberno autonómico para recoñecer e premiar o bo facer dos produtores e adegas da nosa terra

16/10/2023 | 18:34 | C. do Medio Rural

A Xunta reactiva mañá as comunicacións para levar a cabo queimas agrícolas de particulares

A partir de mañá, os interesados deberán confirmar na súa comunicación que efectuarán unha queima de palla ou material natural non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas ou gandeiras

16/10/2023 | 13:39 | C. do Medio Rural

A Xunta ofrece unha formación en Ribadumia sobre pragas e enfermidades na viticultura

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria organiza na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia un curso de formación que se iniciou hoxe