Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

03/07/2023 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a posta en valor e promoción do Camiño de Santiago a través da “Ruta Quetzal 2023”

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou hoxe á expedición en Vilanova de Arousa, onde os seus 200 mozos participantes practicaron o marisqueo a pé, visitaron a lonxa e partiron na ruta fluvial de Mar de Santiago ata Pontecesures

29/06/2023 | 19:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega as Bandeiras Azuis obtidas polas praias e outros recursos de Ribadeo e Burela

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, celebrou os 10 distintivos destes municipios e instou “a seguir traballando entre todos no coidado do medio ambiente e por un turismo sostible”

28/06/2023 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
28/06/2023 | 13:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ultima a aplicación web destinada a controlar o acceso ao Illote do Areoso a partir de xullo

O sistema para poder visitar este espazo natural será moi similar ao que funciona xa no Parque Nacional das Illas Atlánticas e no Monumento Natural das Catedrais

27/06/2023 | 21:31 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a profesionalidade do sector hostaleiro galego como peza fundamental no éxito turístico de Galicia

Resalta os apoios da Xunta ao modelo de turismo “acolledor, de natureza e sen masificacións” con medidas como os convenios de colaboración co Xeodestino, o Plan de Sustentabilidade Turística na Ribeira Sacra e o apoio á candidatura da zona como Patrimonio da Humanidade

27/06/2023 | 12:08 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta financia con máis de 255.000 € seis actuacións de embelecemento do litoral galego nos concellos Ares, Narón e Neda

Esta convocatoria de axudas de Turismo de Galicia e dotada dun orzamento de 4,4 M€, ten por obxecto mellorar e potenciar o litoral galego actuando sobre os seus recursos naturais, patrimoniais e culturais

24/06/2023 | 14:49 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda anima á mocidade a sumarse a outro ano turístico de récord co inicio na próxima semana do programa Xacobeo Xove

Subliña que a Xunta achegará descontos de ata 200 € aos mozos que contraten un paquete turístico para realizar o Camiño de Santiago nunha axencia de viaxes

21/06/2023 | 14:50 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia; C. de Economía e Industria

Rueda destaca a potencia termal de Galicia como atractivo turístico “de calidade e diferencial”

Celebra a recuperación dun edificio centenario e emblemático que acada unha nova vida grazas a inversión privada “e a colaboración entre administracións”

20/06/2023 | 20:00 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda enxalza o presente e o potencial turístico dunha Galicia que apunta a seguir batendo récords de viaxeiros e de ocupación hoteleira no 2023

Subliña que a Comunidade “está aberta a todo o mundo” porque son moitos os seus atractivos e porque “queda moito por descubrir”