Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

10/08/2023 | 13:00 | C. do Mar

A Xunta enxalza a calidade da pescada de Burela e a selectividade e exclusividade na captura desta especie

Alfonso Villares destacou a relevancia do peixe na dieta e sinalou que a rebaixa do IVE contribuiría a aumentar o seu consumo e os ingresos dos profesionais do mar

08/08/2023 | 12:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O servizo de gardacostas e a policía autonómica comisan 80 quilos de polbo de talle antirregulamentario en Bueu

Este control enmárcase no conxunto de inspeccións que efectúa diariamente a Xunta para evitar a extracción e comercialización ilegal de produtos pesqueiros e marisqueiros

08/08/2023 | 11:26 | C. do Mar

A Xunta destina máis de 3,6 M€ en axudas extraordinarias ao sector da acuicultura para paliar os efectos da guerra de Ucraína

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que compensa ata o 100 % dos custos adicionais nos que incorreron as empresas deste ámbito no 2022 trala invasión rusa
 

07/08/2023 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

A Xunta anima a consumir produtos do mar en Sada desde unha das `foodtrucks’ da campaña `GALICIA SABE AMAR’

Esta iniciativa, que percorre a xeografía española, permite degustar unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade de recursos mariños da comunidade

03/08/2023 | 19:38 | C. do Mar

A Xunta apoia con máis de 1,5 M€ un total de 85 proxectos de eficiencia enerxética e melloras a bordo dos buques pesqueiros

O Executivo galego destina estas achegas a mellorar a hixiene, a saúde, a seguridade e as condicións de traballo dos profesionais embarcados, así como á eficiencia no consumo de combustibles para mitigar o cambio climático mediante medidas como o cambio de motores, entre outros aspectos

03/08/2023 | 17:38 | C. do Mar

Catro titulados en ciclos formativos de acuicultura beneficiaranse de bolsas que convocará a Xunta para perfeccionar a súa formación

O Consello da Xunta autorizou esta mañá o compromiso de gasto destas bolsas para a realización de prácticas de xestión e produción de cría de bivalvos durante dous anos no Instituto Galego de Formación en Acuicultura

03/08/2023 | 17:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica comisa 15 quilos de percebes e unha embarcación no litoral da cidade da Coruña

Os axentes xunto ao Servizo de Gardacostas de Galicia e coa colaboración da confraría de pescadores da Coruña, realizaron un operativo contra o furtivismo na zona o pasado xullo

03/08/2023 | 09:01 | C. do Mar

A Xunta ultima a estratexia para salvagardar e poñer en valor o conxunto do patrimonio marítimo galego

O titular de Mar sinala que está en fase moi avanzada o Plan da Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030, composto por un centenar de medidas