Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

01/10/2023 | 10:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Xunta e Concello de Toén analizan as liñas de axudas en materia de vivenda ás que pode optar o municipio

Tamén abordaron o interese do Goberno local na creación dun parque empresarial de titularidade municipal, un proxecto para o que o IGVS lle ofreceu o seu asesoramento

30/09/2023 | 10:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Máis de 2.500 persoas participaron este verán na actividade de mergullo organizada no Parque Nacional das Illas Atlánticas

A iniciativa, na que colabora a Xunta, ofreceu a posibilidade de coñecer os fondos mariños deste espazo natural de xeito único, ademais de promover a conciencia ambiental sobre a contorna

29/09/2023 | 15:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinou en 2022 preto de 120.000 euros para a posta en valor e mantemento do Parque Natural Monte Aloia

Belén do Campo destaca o compromiso do Goberno galego coa protección deste espazo protexido que, entre o investimento recibido o ano pasado e o que executado no que vai de 2023, podería acadar os 300.000 € no período 2022-2023

29/09/2023 | 13:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete durante un mes a información pública o Plan de xestión do Monumento Natural da Serra de Pena Corneira

Poderase consultar e presentar achegas no portal de transparencia e na web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

28/09/2023 | 20:39 | C. do Medio Rural

Galicia e Castela e León reafirman a súa aposta conxunta por un sector forestal sustentable desde o punto de vista ambiental, económico e social

José González, abriu a porta á celebración dun Congreso de Xestión Forestal e Silvicultura en Galicia no que poidan participar diferentes Administracións, co fin de configurar un frente común

28/09/2023 | 18:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o compromiso de Cáritas e Alcampo pola economía circular coa reutilización de prendas de vestir

A iniciativa ten como obxectivo impulsar o mercado da roupa de segunda man, práctica que contribúe á diminución do residuo que xeran as prendas desbotadas e á inclusión sociolaboral de grupos en situación de vulnerabilidade

27/09/2023 | 15:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta duplicou o persoal de Seaga destinado á retirada dos niños de avespa velutina

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, fixo balance hoxe no Parlamento de Galicia do plan de loita contra esta especie e sinalou o aumento de case o 60% no número de avisos rexistrados no que vai de ano en comparación con 2022

27/09/2023 | 14:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mantén contactos con 5 dos concellos afectados pola presenza de xabarís en zonas urbanas para colaborar na instalación de gaiolas-trampa

Ángeles Vázquez avanza que Arteixo e Sada son os primeiros municipios galegos en solicitar acollerse ao procedemento impulsado polo Goberno galego para facilitar as capturas destes animais en lugares concretos de cidades e áreas metropolitanas