Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

09/03/2023 | 15:15 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda anuncia que a Estratexia Autonómica de RSE 2023-2025 quintuplica a súa dotación ata case os 175 M€ para favorecer a competitividade das empresas e atraer talento

Lembra que Galicia “foi a primeira rexión europea” en contar cun plan estratéxico nesta materia, aprobado no 2012

08/03/2023 | 19:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana reivindica que Galicia está a actuar “en tempo e prazo” coa apertura dos centros de crise 24x7 para atender a vítimas da violencia sexual

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, interveu ante o pleno do Parlamento de Galicia para valorar os efectos da ‘Lei do si é si’

08/03/2023 | 15:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A nova Lei de Igualdade da Xunta fará de Galicia un referente na loita polos dereitos da muller

O presidente do Goberno galego rendeu homenaxe ás nove mulleres que participaron no acto central polo 8M e tamén “ás viúvas de vivos, ás viúvas de mortos, ás pioneiras, ás referentes e a centos de miles de mulleres que construíron Galicia”

08/03/2023 | 14:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo reafirma o seu compromiso para seguir traballando en favor da igualdade de xénero

A sede de Lugo acolleu a lectura da declaración institucional do Goberno galego, que destaca a aposta por promover as vocacións STEM entre as nenas e mozas e por rachar os estereotipos que aínda persisten

08/03/2023 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén destaca o traballo da Xunta no fomento da igualdade de xénero, o rexeitamento de calquera forma de violencia e na formación dixital das mulleres para o progreso da sociedade

O delegado territorial da Xunta subliñou que “o dereito á igualdade de trato e á non discriminación e o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes son esenciais para construír unha sociedade xusta, social e economicamente desenvolvida”

08/03/2023 | 14:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Fernández-Tapias destaca o “talento” das científicas e investigadoras viguesas como “exemplo e referencia” no Día Internacional da Muller

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou este mércores nun encontro con traballadoras do centro tecnológico de Anfaco-Cecopesca

08/03/2023 | 12:35 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda anuncia que a Xunta pedirá a creación de cinco novos xulgados exclusivos de violencia de xénero en Galicia

Adianta que no Consello do Goberno galego de mañá se proporá ampliar os existentes na Coruña e Vigo ao resto das grandes cidades galegas
 

08/03/2023 | 12:26 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta polo talento feminino no sector forestal-madeira

Jacobo Aboal manifestou no foro organizado pola asociación LugoMadera a necesidade de seguir fomentando activamente a creación e mantemento de emprego feminino neste sector

08/03/2023 | 09:33 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración
07/03/2023 | 20:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor reivindica na presentación do libro “As dez mil fillas de Irene”, de Álex Centeno, a igualdade entre mulleres e homes no fútbol

O delegado da Xunta participou, esta tarde, na presentación deste libro na Casa da Cultura de Vimianzo