Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

26/10/2023 | 17:11 | C. do Medio Rural

A Xunta imparte charlas en concellos galegos sobre o incremento da poboación de vermes

Mañá celebraranse nas localidades de Carballo e Vimianzo, mentres que na vindeira semana estas xornadas informativas trasladaranse a municipios da Mariña

26/10/2023 | 14:16 | C. do Medio Rural

A Xunta declara cinco novos focos de enfermidade hemorráxica epizoótica en explotacións bovinas das provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense

As principais medidas de prevención para esta enfermidade consisten fundamentalmente en evitar a exposición dos bovinos ao mosquito vector transmisor da enfermidade

25/10/2023 | 19:42 | C. do Medio Rural

Galicia ten mecanismos solventes e rigorosos como Contaláctea para acreditar os custos de produción no sector lácteo

Segundo José González, isto significa que se dispón de datos representativos que poden usarse nas negociacións sobre prezos entre gandeiros e compradores de leite

24/10/2023 | 20:33 | C. do Medio Rural

A Xunta potencia a xestión activa do sector da castaña para reforzar o seu apoio a este eido produtivo

A Mesa da Castaña, órgano colexiado de carácter consultivo e asesor, mantivo hoxe unha reunión na que se analizaron os estados de diferentes proxectos sobre o castiñeiro

24/10/2023 | 19:29 | C. do Medio Rural

A Xunta insiste en demandar estabilidade nos prezos do leite para garantir a sustentabilidade do sector e a remuda xeracional nesta actividade clave do rural

O encontro, que forma parte da rolda de contactos que manteñen os responsables do Goberno galego cos diferentes axentes sectoriais, serviu para reiterar o apoio aos gandeiros, que requiren, segundo o conselleiro, un “esforzo adicional na súa defensa”

24/10/2023 | 15:20 | C. do Medio Rural

A Xunta destinará 24 M€ no 2024 para avanzar nos procesos de concentración parcelaria, ampliando o orzamento un 41 % por riba do ano pasado

José González sinalou que a Xunta leva investido un total de 118 millóns nos últimos 14 anos co obxecto de avanzar decididamente nesta materia

22/10/2023 | 12:37 | C. do Medio Rural

A Xunta impartirá un curso para formación de asesores sobre fruticultura de casca e non de casca

A acción formativa terá lugar os vindeiros días 27 e 30 de outubro no CIAM de Mabegondo e está especialmente destinada e deseñada para técnicos e asesores tanto da Consellería do Medio Rural como das entidades privadas rexistradas

21/10/2023 | 15:16 | C. do Medio Rural

A Xunta promove o selo de calidade Artesanía Alimentaria cunhas xornadas técnicas

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria organiza unhas xornadas técnicas para a promoción desta nova figura de calidade diferenciada