Actualidade
Buscador de novas
A Xunta avanza nas obras do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia de Vigo co obxectivo de rematalas a mediados do 2025 cun investimento de 14,8 M€
Actúase sobre unha superficie de case 7.000 m2 para transformar o antigo edificio da Audiencia Provincial nun inmoble funcional e acolledor, adaptado ás necesidades dos profesionais sanitarios e cómodo e accesible aos usuarios
Sanidade e Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra colaboran na campaña de información en farmacias sobre prevención e control do mosquito tigre
As farmacias serán parte dunha rede de alerta temperá que permitirá coñecer os posibles incrementos significativos de picaduras de insectos e avaliar se son debidos ao mosquito tigre
A Xunta visita os proxectos financiados pola cooperación galega en Bolivia
O director xeral está a coñecer de primeira man os proxectos desenvolvidos no país a través de entidades como UNICEF, Fundación Humanitaria dos Rotarios Españois, Fundación Entreculturas Fe e Alegría, Fundación Taller de Solidariedade e Médicos do Mundo
O Parque Nacional das Illas Atlánticas promoverase este verán como destino turístico Starlight con actividades gratuítas de observación astronómica
Por oitavo ano consecutivo, o Parque Nacional, en colaboración coa Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía, organiza accións de dinamización abertas á participación de adultos e nenos nos catro arquipélagos
Román Rodríguez salienta a contribución do centro mixto de investigación de Cetaqua e Viaqua á economía circular e á sustentabilidade
O conselleiro visita a EDAR de Ourense para coñecer os proxectos de I+D+i que están a desenvolver a empresa e o centro de apoio á innovación tecnolóxica
A Xunta concede 167 novas axudas para a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías cun investimento de 741.600€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das subvencións outorgadas entre o 1 de abril e o 30 de xuño deste ano
A Xunta eloxia o “crecente e consolidado” atractivo turístico internacional do Festival de Ortigueira
Xosé Merelles destacou a presenza de grupos de referencia do panorama celta, ademáis da axenda de actividades que se desenvolven de forma paralela ao festival
Anxo M. Lorenzo sinala a Feira do libro de Ponteareas como promotora da literatura en galego
O director xeral de Cultura participa na inauguración da oitava parada do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia que contará con Alexandre Bouzó como pregoeiro
A Xunta reclama ao Goberno central criterios consensuados coas comunidades autónomas para a distribución dos fondos de formación para o emprego
José González reiterou, no marco da Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais, a importancia do diálogo e a cooperación conxunta coas diferentes administracións laborais das autonomías no reparto dos fondos SEPE