Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

08/07/2023 | 17:38 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca a importancia da ruta Traslatio para impulsar a Galicia como destino turístico náutico

A ruta Traslatio trátase dunha das dez rutas xacobeas oficialmente recoñecidas e a única que existe polo mar, rematando cun remonte polo río Ulla

05/07/2023 | 14:33 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles salienta as grandes posibilidades que ofrece Galicia para a organización de congresos e reunións profesionais

O director de Turismo de Galicia resaltou a variedade de espazos e contornas naturais e patrimoniais cos que conta a nosa comunidade

05/07/2023 | 12:59 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia pon en marcha as axudas para a promoción da dixitalización no sector turístico por importe de 1,5 M€

O obxectivo das axudas é promover o desenvolvemento tecnolóxico e a transformación dixital das empresas turísticas coa finalidade de mellorar a súa competitividade, adaptándose ás novas necesidades e tendencias do sector turístico

05/07/2023 | 12:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

Arias informa dos apoios da Xunta a concellos e ao sector turístico para adherirse á marca Q de Calidade

O delegado territorial de Lugo lembrou en Palas de Rei que mañá remata o prazo para solicitar estas axudas

03/07/2023 | 20:14 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca á hostalaría galega por ofrecer experiencias innovadoras que contribúen a consolidar Galicia como destino turístico de calidade

Resalta o papel do sector para que a comunidade siga a bater este ano récords histórico de visitantes

03/07/2023 | 16:40 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca a experiencia do novo director da Axencia de Turismo de Galicia como a mellor garantía para que o sector siga consolidándose na comunidade

Salienta que o seu coñecemento e traballo contribuirán a que esta actividade siga sendo o mellor escaparate da marca Galicia e lembra a xestión e dedicación amosadas durante estes anos pola súa predecesora, Nava Castro