Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

28/11/2023 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os novos traballos no enlace de conexión da autovía Tui- A Guarda coa autovía A-55 farán precisos cortes de tráfico este venres e o vindeiro luns 4 de decembro

Procederase a un corte total dos ramais de entrada e saída da calzada esquerda da A-55,o venres día 1 de decembro a partir das 06,30 horas e o luns, día 4, a partir das 21,30 horas sentido Portugal-Tui, habilitándose itinerarios alternativos

28/11/2023 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na transformación dos sistemas de transporte para ofrecer unha mobilidade alternativa, eficiente e respectuosa co medio ambiente

Vázquez Mourelle sinala o desafío de proporcionar sistemas de transporte que respondan ás necesidades dos cidadáns e que contribúan a mitigar o impacto no medio
 

28/11/2023 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina preto de 2 M€ a 11 entidades de iniciativa social da provincia de Ourense para o mantemento dos seus servizos e programas

Gabriel Alén destacou que estas achegas permitirán subvencionar o funcionamento de centros de inclusión e emerxencia, propostas centradas en fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo das persoas inmigrantes ou daquelas en situación de risco de exclusión social, así como actuacións específicas dirixidas ás persoas sen fogar

27/11/2023 | 15:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
27/11/2023 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 20 M€ as obras da nova estación de autobuses intermodal de Lugo e reclama incorporar tamén a cidade ao mapa da alta velocidade ferroviaria

Ethel Vázquez avanza que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará a vindeira primavera a construción deste gran centro de transporte público que permitirá un intercambio entre o autobús e o ferrocarril en apenas 2 minutos

27/11/2023 | 11:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 370.000 € na reforma da piscina do albergue xuvenil de Marina española

As actuacións están actualmente en execución e, previsiblemente, estarán rematadas para a vindeira campaña de verán

24/11/2023 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta anuncia que o Centro de Saúde de Lobios contará nas vindeiras semanas cun novo médico de familia

A convocatoria de máis de 400 prazas, realizouse a través da Lei 2/2022 de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, aprobada o pasado outubro no Parlamento

24/11/2023 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 1,2 M€ as obras de mellora do firme en catro estradas da provincia de Ourense ao seu paso por sete concellos

Intervirase nas vías autonómicas OU-113, OU-114, OU-310 e OU-311, nos concellos da Mezquita, Castrelo do Val, Laza, Sarreaus, Verín, Vilardevós e Vilar de Barrio

24/11/2023 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta axustará a vindeira semana as liñas de transporte público integrado de Vilagarcía de Arousa para mellorar o servizo ao IES de Carril

Redúcese en 20 minutos o tempo de viaxe anticipando a chegada dos escolares deste instituto ás súas casas os martes a mediodía, día que teñen clase pola tarde

23/11/2023 | 17:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade recibe o Premio Ícaro 2023 polo apoio á investigación na enxeñaría para mellorar as respostas ás necesidades dos cidadáns

Vázquez Mourelle sinala como un deber impulsar a investigación e traballar da man dos expertos en cada materia para aplicar o seu coñecemento e darlle sentido desde unha utilidade social