Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

16/03/2023 | 15:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia reivindica o papel das comunidades no deseño de políticas de emprego e lamenta o desvencellamento do Ministerio de Educación do tecido produtivo

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou co resto das comunidades autónomas na Conferencia sectorial do sistema de cualificacións e formación profesional para o emprego

15/03/2023 | 13:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avoga en Allariz por unha ciencia en igualdade de oportunidades e que aposte polo talento galego

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe no programa Nin + Nin -, iguais, un proxecto para promover a igualdade de xénero no ámbito educativo e favorecer o encontro con mulleres líderes

14/03/2023 | 12:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén aberta a convocatoria para a creación de 10 novas casas niño para a conciliación no rural

Na actualidade, están en funcionamento 95 centros desta tipoloxía por toda a Comunidade que ofrecen 475 prazas gratuítas de atención a nenos de 0 a 3 anos

14/03/2023 | 09:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor reivindica na presentación do libro “As dez mil fillas de Irene”, de Álex Centeno, a igualdade entre mulleres e homes no fútbol

O delegado da Xunta participou, esta tarde, na presentación deste libro no Estadio Municipal de Riazor

13/03/2023 | 14:05 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca que o 98% dos concellos galegos teñen acceso a servicios financeiros, fronte ao 60% da media de España

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, asinou hoxe cos alcaldes de Punxín e Toén, os convenios para o desenvolvemento de servizos financeiros nos municipios

13/03/2023 | 12:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mellorará a impermeabilización da cuberta do centro de día público de Caranza

Destinaranse preto de 26.000 euros a estes traballos que comezarán nos vindeiros días

13/03/2023 | 11:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta forma en liderado feminino e aposta pola mellora profesional das mulleres galegas a través do programa Impulsa

Trátase dunha actividade de cualificación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que terá lugar de xeito virtual entre o 27 de marzo e o 12 de maio cun total de 100 prazas

10/03/2023 | 13:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A futura Lei de igualdade incidirá nas discriminacións múltiples das mulleres con discapacidade para construír unha Galicia máis inclusiva

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou en Viveiro na inauguración da exposición fotográfica Eu muller, ti cómplice, elas loitadoras da Asociación de pais e persoas con discapacidade intelectual (Aspanane)