Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 860 novas da área temática Economía:

20/09/2023 | 10:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta encabeza unha misión comercial a México co obxectivo de seguir abrindo mercado ás empresas galegas

O obxectivo é promocionar os produtos galegos e posicionar a Marca Galicia no mercado mexicano

15/09/2023 | 14:36 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avanza que a política económica e industrial da Xunta terá como máxima prioridade a redución da burocracia administrativa

Pon de relevo o papel que vai desenvolver o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) neste sentido e destaca, por outra banda, que este labor ten que ir acompañado dunha política industrial onde a enerxía ten que ser un vector de crecemento e de innovación en Galicia

15/09/2023 | 12:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Xunta e Foroesgal avanzan na proxección da economía social como fórmula de éxito en Galicia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou nunha xuntanza co Foro da Economía Social Galega (Foroesgal)

14/09/2023 | 20:45 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a estabilidade política, económica e social que fai de Galicia unha terra puxante e atractiva para investir, vivir e visitar

Asegura que a comunidade ofrece as garantías e certezas que precisan as empresas para desenvolver os seus proxectos

14/09/2023 | 18:35 | C. do Mar

Galicia reclama a creación dun PERTE mar-industria e a rebaixa do IVE dos produtos pesqueiros como medidas clave para blindar o futuro do sector

A Xunta pide unha maior implicación do Executivo central na defensa dos intereses da industria, fundamental para Galicia, nestes momentos de dificultades económicas

14/09/2023 | 15:23 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda reúnese co embaixador de Italia para España e Andorra para afianzar as relacións turísticas con Galicia propiciadas polo Camiño de Santiago

As exportacións galegas a este país medraron un 32 % no último quinquenio ata alcanzar a cifra récord de 2807 M€