Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

03/11/2023 | 10:45 | C. do Medio Rural

A Xunta concederá axudas a viveiros e agricultores afectados por pragas de corentena

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal a través da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

02/11/2023 | 15:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta clausura o obradoiro de emprego Eo-Navia, que formou a 20 persoas en actividades agroforestais

Contou cun investimento de 504.000 euros e os participantes traballaron aplicando tratamentos silvícolas en camiños da Pontenova, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz

30/10/2023 | 21:22 | C. do Medio Rural

A Xunta destinará en 2024 83,1 millóns de euros en axudas para potenciar a competitividade e favorecer a remuda xeracional no agro galego

Entre os eixos de traballo da Consellería, José González remarcou o impulso ao sector forestal, que contará con importantes liñas de axuda -como 11 millóns para tecnoloxía ou 2 millóns para favorecer a construción en madeira- e unha aposta polo asociacionismo forestal ou a recuperación e plantación de soutos

28/10/2023 | 17:23 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsará en 2024 os polígonos agroforestais e as aldeas modelo cun investimento de 7,4 M€

José González destacou as vantaxes dos polígonos agroforestais, figura incluída na Lei de recuperación da terra agraria, nun concello de clarísima vocación gandeira
 

27/10/2023 | 15:35 | C. do Medio Rural

A Xunta prepara seis novos polígonos agroforestais en Galicia que se sumarán aos 26 xa iniciados e permitirán mobilizar outras 303 hectáreas de terreo

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural puxo en valor os grandes esforzos que está a dedicar a Consellería do Medio Rural para o desenvolvemento dos polígonos agroforestais, un instrumento da Lei de recuperación

27/10/2023 | 12:59 | C. do Medio Rural

A Xunta destina case 950.000 € para axudas a investimentos en materia de bioseguridade para o transporte de gando vivo e viveiros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras destas axudas convocadas pola Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias

26/10/2023 | 17:57 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta novos casos de aves silvestres afectadas por gripe aviaria en Ribeira e Porto do Son

A detección realizouse no marco do Plan de vixilancia que desenvolve a Xunta e non vai afectar á valoración favorable do risco respecto á influenza aviaria que recentemente realizou o Goberno central