Actualidade
Buscador de novas
A Xunta estrea perfil en TikTok e convértese no primeiro Goberno autonómico de España en contar cunha canle nesta rede social
O principal obxectivo desta nova conta, dispoñible en https://www.tiktok.com/@xuntadegalicia, pasa por facer chegar información de interese á xuventude dun xeito máis informal, dinámico, e favorecer o alcance e visibilidade das iniciativas postas en marcha polo Goberno galego
Rueda destaca que as axudas da Xunta para que a xuventude obteña o carné de conducir xa beneficiaron a preto de 4.000 mozos
Avanza que se incrementará o orzamento desta liña de subvencións de cara a vindeiras convocatorias para chegar a máis beneficiarios
A Xunta debate a participación xuvenil na construción de Europa coa mocidade do ‘Movemento Europeo’
O director xeral de Relacións Exteriores, Jesús Gamallo, mantivo un encontro con mozos e mozas galegos beneficiarios do proxecto ‘A voz da xeración Erasmus’
A Xunta investirá 1,9 M€ no programa de atención terapéutica de menores en réxime de protección ata o ano 2026
O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria desta iniciativa que se aplicará por vez primeira en réxime de concerto o que permitirá desenvolvelo en todas as provincias galegas
Rueda subliña que a Xunta destinará case 30 M€ ao Plan Emprega Xuventude co obxectivo de beneficiar a 2.000 mozos e mozas galegos
Destaca os resultados do programa Investigo que favoreceu o ano pasado a contratación de 380 mozos en eidos punteiros como a investigación, a tecnoloxía e a innovación
A Xunta levará o sábado a Cangas do Morrazo o programa de lecer educativo Día da Xuventude
A xornada contará con xogos e tamén con obradoiros de empregabilidade, de igualdade de xénero, de sensibilización medioambiental, de gastronomía saudable e de lecer educativo, entre outros
Lete Lasa subliña a recuperación do Xogade que nesta tempada 2022/2023 xa duplica os inscritos no cross escolar
Participa na entrega de premios do Zonal de Campo a Través do Val do Salnés no que participaron preto de 15.000 rapaces e rapazas de 16 centros educativos