Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

31/08/2023 | 15:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía con ANFACO-CECOPESCA a situación actual do sector mar-industria e os seus principais retos

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro con representantes da entidade onde se abordaron asuntos como o Perte deste sector, a celebración da XI Anfaco Worl Tuna Conference ou a necesaria colaboración en materia de internacionalización e innovación

30/08/2023 | 17:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anima a consumir produtos do mar en Arteixo cunha das foodtrucks da campaña Galicia sabe amar

Esta iniciativa, que percorreu a xeografía española e está de volta en Galicia, permite degustar unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade de recursos mariños da comunidade

29/08/2023 | 11:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Unha das foodtruck de Galicia sabe amar achega esta semana a Ferrol, Cariño e Cedeira a calidade dos peixes e mariscos galegos

A delegada territorial, Martina Aneiros, avanzou que esta iniciativa estará desde mañá ata o venres 1 de setembro no peirao de Curuxeiras; o sábado 2, en Cedeira e o domingo 3 desprazarase a Cariño

24/08/2023 | 14:07 | C. do Mar

A Xunta salienta o rol da Festa do Mar de Combarro na difusión da gastronomía e cultura mariñas de Galicia

O conselleiro do Mar participou hoxe na inauguración deste evento que acolle o municipio de Poio ata o vindeiro domingo 27 de agosto

24/08/2023 | 11:39 | C. do Mar

Galicia destina 7,5 M€ a compensar os maiores custos de produción das empresas de transformación e venda de produtos do mar pola guerra en Ucraína

A orde pola que se aproban estas axudas sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia e engádese ás dirixidas á acuicultura e á frota extractiva publicadas nos últimos días, co que o investimento total para paliar o impacto na cadea mar-industria do conflito bélico rolda os 15 M€

23/08/2023 | 11:01 | C. do Mar

Galicia destina este ano máis de 2,7 M€ a apoiar os plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros

As axudas pretenden compensar os gastos nos que incorreron estas entidades para o deseño e execución das estratexias desenvolvidas en 2022 incluíndo custos de persoal, material, equipamentos ou desprazamentos, entre outros

20/08/2023 | 17:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

Ángeles Vázquez resalta a calidade da ameixa de Carril e agradece a “honra” de converterse nunha das súas embaixadoras

Durante o acto conmemorativo, o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica entregou os premios Ameixa de Ouro e Ameixa de Prata ademais de distinguir ao Parquista xoven, ao Parquista de honra e ás novas donas e cabaleiros