Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 860 novas da área temática Economía:

27/09/2023 | 12:45 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca que os orzamentos de 2024 consolidarán todas as rebaixas fiscais en vigor

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, explicou no Parlamento que Galicia ten un modelo consolidado que permite aliviar a carga fiscal das familias

27/09/2023 | 12:36 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda anuncia a posta en marcha da cuarta edición do Bono Comercio cun orzamento de 2,5 M€ para gastar en establecementos comerciais de proximidade

Salienta a reedición deste bono dentro das medidas da Xunta para contribuír a reducir o impacto da inflación na economía das familias
 

26/09/2023 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

A Xunta destaca a aposta de Conservas Cerqueira pola innovación coa nova planta de transformación de produtos do mar no concello de Rianxo

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe na inauguración do novo centro de produción operativo desde xullo que prevé dar emprego a 250 persoas e no que a Xunta colaborou con axudas por valor de case 12 M€

25/09/2023 | 19:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor as fortalezas do sector biotecnolóxico galego en Biospain 2023

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta tarde no Galicia Bio Event, co que se poñen en valor as fortalezas da Comunidade e se busca establecer alianzas con outras rexións punteiras

25/09/2023 | 16:52 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o traballo de Albo por converterse en referente mundial coa aplicación de novas tecnoloxías no sector conserveiro

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse esta mañá con varios dos membros do comité de dirección da conserveira para avaliar os proxectos que se están a desenvolver

25/09/2023 | 13:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca na feira Expodrónica a capacidade exportadora das pemes tecnolóxicas galegas e o posicionamento do Polo Aeroespacial de Galicia

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, presidiu a apertura dentro deste encontro internacional do Civil UAVs Initiative Theatre, que albergará tres mesas redondas

23/09/2023 | 11:06 | C. de Economía e Industria

Lorenzana traslada ao embaixador de España en México o compromiso da Xunta coa internacionalización da economía galega

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, pecha a súa axenda de viaxe en México cunha reunión co embaixador de España no país, Juan Duarte e unha visita á empresa Antea Group

21/09/2023 | 13:12 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a importancia dos fondos europeos para facer de Galicia unha comunidade máis social e inclusiva

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, mantiveron un encontro co Comisario de Emprego e Dereitos Sociais da UE, Nicolas Schmit

20/09/2023 | 16:17 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor o nivel de implantación do tecido empresarial galego no mercado mexicano

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou dúas máis das 84 firmas galegas implantadas no país, o Grupo Ramón García e a luguesa A Vida Group