Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

27/07/2023 | 10:39 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta informa de que os concertos do Faro de Corrubedo mudan aos vindeiros 19 e 20 de agosto por mor da climatoloxía adversa prevista

As entradas reservadas poden manterse para as novas datas programadas, respectando os lugares asignados

26/07/2023 | 13:55 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca a súa aposta polo termalismo para consolidalo como unha das mellores ofertas de España

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na inauguración do curso da Universidade de Vigo “Termalismo e cosmética termal”, que ten lugar na casa da Cultura do Carballiño

26/07/2023 | 13:47 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia acada por primeira vez o 30% de turismo internacional nos seis primeiros meses do ano

A Comunidade galega superou nun 12% e 9%, respectivamente o número de viaxeiros aloxados e o número de noites do pasado ano

21/07/2023 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a fundación Traslatio presentan o festival Iacobus Maris Experience en Vigo

A delegada da Xunta, Ana Ortiz, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, adiantaron a programación festiva prevista no peirao de Trasatlánticos

20/07/2023 | 16:10 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles mantén unha xuntanza coa Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte

O director de Turismo de Galicia gabou o potencial deste territorio para atraer viaxeiros e lembrou que nos últimos 5 anos o a ocupación medrou en preto dun 23 %

20/07/2023 | 16:03 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na inauguración da exposición Os camiños de Elías Valiña na igrexa do Cebreiro

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou a gran labor levada a cabo polo sacerdote como estudoso e revalorizador do Camiño de Santiago

18/07/2023 | 18:01 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta mantén unha xuntanza cos empresarios de Redondela sobre as axudas para a promoción da dixitalización no sector turístico

O director xeral de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, resaltou que na actualidade, a dixitalización é clave para garantir a competitividade e a sustentabilidade do sector turístico

18/07/2023 | 14:35 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia investirá 14,4 millóns de euros na rehabilitación da Fortaleza de Monterrei

A plataforma de Contratos de Galicia publica hoxe a licitación da obra por importe de 14,4 M€

15/07/2023 | 11:07 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta estuda proxectos de colaboración coa Fundación ONCE para facer un Camiño de Santiago máis accesible

Xosé Merelles e Ildefonso de la Campa reunironse co director de Accesibilidade Universal e Innovación da Fundación ONCE, Jesús Hernández-Galán

14/07/2023 | 10:13 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta recibe en Málaga o Premio pola promoción do turismo musical de festivais e o turismo cultural

A programación musical do Xacobeo acadou máis de 170 actuacións, ciclos e festivais de pequeno ou gran formato